O servizo de almacenamento na nube de Microsoft, OneDrive, actualizou estes días a súa aplicación para Android, chegando á versión 3.2.0, incluíndo unha novidade moi interesante: a posibilidade de enviar fotografías e vídeos ao televisor a través de Chromecast, adiantándose incluso a Google Drive e Google Fotos a este respecto.
Deste xeito, se temos o noso smartphone configurado para que faga copia das fotografías e vídeos que gravemos co mesmo directamente na nube de Microsoft teriamos a posibilidade de visualizar todos eses contidos no televisor mediante o Chromecast e sen empregar cables, o que resulta bastante práctico. Tamén convértese nun xeito bastante cómodo de amosar contidos audiovisuais no Chromecast sen ter que subilos a servizos de acceso público.
Dado que ferramentas como Presentaciones de Google tamén permiten achegar contidos ao Chromecast, cada vez temos máis aplicacións que fan doado converter o pequeno dispositivo HDMI de Google nunha solucións para a realización de presentacións, en vez dun simple trebellos para o consumo audiovisual doméstico.
OneDrive permite visualizar fotografías e vídeos co Chromecast
Compartir Este Artigo

