Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza esta esta semana na Coruña a edición 2015 do encontro internacional Akademy
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Comeza esta esta semana na Coruña a edición 2015 do encontro internacional Akademy

Redacción
Publicado: 20/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

akademy_coruna.jpgA Akademy 2015, a nova edición da xuntanza anual da comunidade internacional de desenvolvedores e usuarios da contorna de escritorio KDE, comeza este 25 de xullo na cidade da Coruña. O encontro, que se desenvolve ata o 31 do mesmo mes na Facultade de Informática da Coruña, vén da man da Asociación GPUL e da contorna de escritorio KDE. Segundo apunta a organización, estímase que participarán no evento centos de persoas co obxectivo de debater e planear o futuro do proxecto KDE.
Espérase tamén a asistencia de participantes procedentes doutros proxectos libres (contornas gráficas, distribucións…) así coma de empresas de relevancia no sector e xente interesada no software libre en xeral. Por certo que os días previos (23 e 24 de xullo) celebrarase a Akademy-es, que é a reunión anual da comunidade de KDE en España. Durante estes dous días realizaranse charlas, obradoiros e outras actividades de carácter máis social coas que se pretende (entre outras cousas) dar a coñecer o proxecto a persoas sen perfil técnico, poñer en contacto a desenvolvedores do escritorio libre de toda España e divulgar as tecnoloxías de KDE para atraer novos desenvolvedores.
Volvendo á Akademy, sinalar que abranguerá unha semana completa de actividades: 2 días de conferencias cun cumprido programa de presentacións sobre os últimos desenvolvementos de KDE, seguidos de 5 días de obradoiros, sesións de programación e Birds of a Feather (BoF, reunións informais de persoas cun interese común sen folla de ruta establecida).
Respecto da entidade organizadora, o colectivo GPUL, cómpre lembrar que mantén fortes ligazóns coa comunidade KDE sendo varios dos socios de GPUL integrantes tamén de KDE-España. GPUL mantén unha constante presenza nas actividades de KDE, ten organizado numerosas actividades relacionadas coas tecnoloxías KDE, como a Akademy-es 2008, en colaboración coa acabada de nacer asociación de KDE-España, a celebración do XV Aniversario de KDE cunha xornada especial, ou o sprint 2013 de KDE-Edu, entre outras moitas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?