Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Librecon abre prazo para a presentación de propostas e anuncia que contará coa presenza de Canonical
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Librecon abre prazo para a presentación de propostas e anuncia que contará coa presenza de Canonical

Redacción
Publicado: 22/07/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

librecon_2015-2.jpgOs organizadores da conferencia Librecon 2015, un dos grandes eventos open source da tempada, a nivel galego, estatal e internacional, veñen de informar de que xa está aberto o prazo para presentarmos as nosas propostas de participación. Librecon 2015, que se celebra en Santiago os días 29 e 30 de outubro, vén da man da Asociación Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), a Federación Nacional de Empresas de Software Libre (ASOLIF) e o Clúster TIC Galicia. Segundo informa o Clúster, a conferencia ten por obxectivo fundamental dar novos folgos ao negocio e ao emprego en todos os sectores da sociedade botando man dunha fórmula con grandes beneficios e vantaxes para o conxunto da sociedade: a fórmula do software libre. Esta edición xirará arredor das seguintes temáticas: a electrónica de consumo, o motor (sistemas de lecer, automóbil conectado), a Internet das Cousas, o software libre na docencia e o comercio electrónico.
A organización tamén avanza que as xornadas contarán “con relatores de relevancia internacional que exporán a súa visión sobre o uso e o desenvolvemento de tecnoloxías abertas”. É o caso de Canonical, apuntan, que xa ten confirmada a súa participación. Como lembraremos, Canonical é sen dúbida unha das grandes empresas mundiais do ámbito da programación aberta, centrada en achegar produtos altamente competitivos e de gran proxección futura, por exemplo o sistema operativo Ubuntu ou os proxectos TheOpenCD (unha colección de programas libres para Windows) e Bazaar (un sistema de control de versións desenvolvido en Python).
O programa de Librecon abranguerá conferencias, mesas redondas e presentacións de iniciativasd que irán artellándose en itinerarios centrados na difusión de coñecemento práctico aplicado de solucións abertas, a través de casos de éxito reais no ámbito público e privado en cada un dos eixos temáticos.
Segundo lembran AGASOL e o Clúster TIC, haberá zona de obradoiros e demostracións de produto na que se presentarán solucións abertas “cun enfoque eminentemente práctico”, polo que estarán dirixidos cara a perfís máis técnicos cun alto poder de decisión nos departamentos de IT de diferentes organizacións.
Como recordaremos, LibreCon é un evento de nivel mundial que xunta expertos de distintos ámbitos e organizacións internacionais. En entregas anteriores, contou coa presenza de Bruce Perens, co-fundador da Open Source Initiative (OSI), Jeremy Allison, da área de Open Source de Google, Jesús Ruiz, director de Innovación Aberta de Banco Santander, Peter Hofmann, responsable do proxecto LiMux do Concello de Múnic, Timur Pulathaneli, enxeñeiro de desenvolvemento en Ford ou Jim Whitehurst, presidente de Red Hat.
“LibreCon”, sinalan os organizadores, “é un foro único para coñecer algúns dos casos de éxito de negocios e tecnoloxías abertas máis relevantes do panorama internacional”. Segundo comenta Xavier Castaño, presidente de AGASOL, “a conferencia tamén é un punto de encontro de networking no que se fomentan o tecido empresarial, os investimentos e o emprego”. Ademais, sinala, “será un evento no que teremos a oportunidade de xerar negocio con algunhas das principais compañías e entidades de Europa”.
Para AGASOL, está claro que Santiago de Compostela, grazas a LibreCon, “converterase durante dous días no centro dos negocios, o emprego e as tecnoloxías abertas a escala internacional, e máis nunha cita obrigada para a industria tecnolóxica, coa presenza de directivos de todos os niveis, responsables técnicos, traballadores do sector e axentes públicos e privados tractores de innovación, coñecemento, emprego e negocio que queiran coñecer o último en solucións baseadas en tecnoloxías libres”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?