A compañía Microsoft vén de anunciar que a súa ferramenta dixital para crear e compartir contidos multimedia, Sway, xa está dispoñible para os usuarios cunha conta da empresa, incluídos os consumidores profesionais e do ensino que usan Office 365. Segundo informa a multinacional, Sway é moi acaida para dar forma e intercambiar traballos interactivos, presentacións, leccións, proxectos e outros tipos de documento.
Ademais, sinala, salienta polo factor rapidez que pon en xogo, xa que permite crear deseños profesionais “en cuestión de minutos”, grazas sobre todo ao seu “motor intelixente de deseño”. Sway tamén destaca, engade Microsoft, por fornecer contidos “de gran calidade” sen importar o dispositivo no que se visualiza.
Lembrar que durante a súa etapa en versión preview, Microsoft foi recadando as opinións e mailas suxestións dos consumidores para mellorar a ferramenta, engadindo novas funcionalidades como a colaboración multiusuario e as opcións propias de recorte fotográfico.
Microsoft tamén anunciou a dispoñibilidade de Sway para Windows 10 na tenda de seu, con novos recursos de deseño e opcións de publicación. “Esta aplicación”, sinala a empresa, “combina todas as posibilidades de Sway para web con novas características para PC e tabletas, ofrecendo todas as fontes de contido integradas nun motor de deseño que permite crear, editar e compartir en calquera lugar”.
Microsoft achega a versión de final da súa ferramenta para crear e compartir contidos multimedia, Sway
Compartir Este Artigo

