Dende The Verge decatáronse de que en Amazon figuraba unha ficha para reservar o Huawei Watch de ouro (actualmente eliminada, pero aínda presente na caché de Google) na que se anuncia que o novo smartwatch sairía á venda o vindeiro 2 de setembro en varios modelos con acabados en negro, aceiro e ouro, a un prezo de 799,99 dólares e cun detalle moi rechamante, que sería que sería compatible coa meirande parte dos dispositivos móbiles do mercado xa que funcionaría con trebellos que como mínimo tivesen Android 4.3 e iOS 8.2, sendo esta última opción unha grande sorpresa, e que podería dar a entender que a rumoreada posibilidade de que Android Wear chegase a iOS sería unha realidade inminente.
Do reloxo tamén comentan que tería unha pantalla AMOLED circular de 1,4 polgadas (cunha resolución de 400 x 400 píxeles) cuberta cun cristal de zafiro resistente ás rabuñaduras e un corpo de aceiro inoxidable (ou sexa, que o ouro sería só un baño), contaría con monitor de ritmo cardíaco, incluiría máis de 40 esferas intercambiables pre-instaladas, a súa correa sería doada de intercambiar, e permitiría recibir notificacións de chamadas, textos e máis de 4.000 aplicacións compatibles con Android Wear (sen detallar o nivel de compatibilidade que tería co iPhone).
Os dispositivos con Android Wear poderían funcionar en breve co iPhone
Compartir Este Artigo
