Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acollerá unhas xornadas sobre as vantaxes do software libre para as nosas ONG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Santiago acollerá unhas xornadas sobre as vantaxes do software libre para as nosas ONG

Redacción
Publicado: 01/09/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

software_libre_e_terceiro_sector_amtega.jpgO software libre é un mundo de posibilidades para calquera sector ou ámbito social e económico, pero se cadra amosa unha potencialidade especial e particular para o denominado terceiro sector, que é aquela parte da nosa economía composta sobre todo por entidades sen arela de lucro. Amosar estas oportunidades do código aberto para o eido das iniciativas de responsabilidade social e de tipo solidario é o gran obxectivo dunhas xornadas previstas para o vindeiro 22 de outubro en Santiago, organizadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en colaboración con entidades como o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG/AETG). Por certo que esta xornada forma parte dun conxunto de actuacións de formación e difusión dirixidas ao ámbito das entidades non lucrativas que se van desenvolver nos meses de setembro e outubro.
O obxectivo principal é achegar ao terceiro sector experiencias de implantación e uso de solucións TIC libres “que lles permitan ás organizacións e entidades mellorar o xeito en que se xestionan, a súa operativa diaria e a súa organización”. A idea, explican os organizadores, é que grazas ao coñecemento de experiencias doutras entidades semellantes no uso de solucións libres “poidan vencer medos, resistencias ou descoñecementos respecto da programación aberta”.
Con esta actividade búscase tamén constituír un “punto de encontro” para os entes galegos sen arela de lucro (ONG, asociacións, colectivos, plataformas de voluntarios) e o sector TIC, no que poder compartir experiencias e boas prácticas no uso das novas tecnoloxías con licenza libre. Buscarase polo tanto que as fundacións, organizacións e asociacións que participen na xornada amosen as súas necesidades concretas no ámbito informático, favorecendo a achega de respostas, recursos e claves dende as empresas de código aberto da nosa terra. Segundo informa a organización fica aberto ata o 14 de setembro o prazo para recibir propostas para participar nesta xornada expoñendo experiencias de migración, implantación ou asesoramento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?