Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: MeLiSA prepara a segunda Xornada de Usuarios de R en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

MeLiSA prepara a segunda Xornada de Usuarios de R en Galicia

Redacción
Publicado: 02/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

melisa_segunda_xornada_usuarios_r.jpgO día 1 de outubro o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) de Santiago de Compostela acollerá a II Xornada de Usuarios de R en Galicia. Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia) incluirá relatorios e obradoiros co fin de promover o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións. Cómpre engadir que este encontro quer servir de punto de unión para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións co resto da comunidade.
Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a AMTEGA e MeLiSA para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia que forman parte do Plan de Acción en Software Libre 2015.
Dende a organización do evento convidan a compartir ideas sobre esta xornada, presentar unha charla sobre algún tema de interese ou organizar un obradoiro, para iso é preciso contactar con eles a través do formulario de contacto. A inscrición é de balde, e de libre acceso.
Dende este intre o programa do evento irase actualizando. Asemade, dicir que a relación de actividades de 2013 xa se atopa publicada (incluíndo as presentacións de cada relator). Respecto do programa do novo evento, dará comezo ás 9.30 horas coa chegada de asistentes e recollida de material para seguir ás 10.00 horas coa sesión de apertura a cargo de Rafael Rodríguez, presidente de MeLiSA, Miguel Ánel Rodríguez, membro do comité organizador (MeLiSA) e Alfonso Blasco, director do CNTG. Logo intervirán (novamente) Rafael Rodríguez (Atréteve con R), Salvador Naya e Javier Tarrío (Aplicacións de R fiabilidade), Marcos Fernández (Uso de R na administración: procesamento de expedientes e automatización de tarefas) ou Isabel Martínez (PREBED, software de avaliación odontolóxica).
Segundo recorda o colectivo de Melide, R é un software orixinariamente deseñado para a análise estatística e a realización de gráficos e que nestes intres estase a utilizar en numerosos eidos relacionados coa estatística (xenómica, biomedicina, econometría, big data, bioloxía, …). R ten unha natureza dupla de programa e de linguaxe de programación e distribúese baixo licenza GNU-GPL, engade MeLiSA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?