Parece que a banda larga móbil vai chegar a cotas que parecían un soño ata hai pouco, chegando a superar ás velocidades das conexións de fibra óptica dispoñibles actualmente no mercado, para o que están a xogar un importante papel nas novas versión do 4G e os avances de fabricantes como Qualcomm, que anunciou hoxe que o seu novo procesador Snapdragon 820 incorporará un novas versións das tecnoloxías de conectividade móbil, como o LTE Advenced, do que adoptan as categorías 12 e 13, ou sexa, velocidades de baixada e subida que poderían chegar ata os 600 e os 150 Mbps respectivamente (os procesadores máis avanzados ata o momento tiñan o límite de descarga nos 300 Mbps).
Amais, as redes Wi-Fi tamén terían unha importante marxe de mellora, xa que con Wi-Fi 802.11ac 2×2 MU-MIMO e multi-xigabit 802.11ad poderían chegar a velocidades de 867 Mbps e 4,6 Gbps respectivamente, o que supón todo un logro para procesadores equipados en dispositivos móbiles.
Estas novas conectividades buscan permitir, entre outras cousas, a realización de streaming de vídeo a ultra alta definición e outros usos avanzados que ata o momento estaban limitados a redes de cable, e para conseguir iso Qualcomm adoptou unha vía que parece ser a que seguirán o resto de fabricantes: aproveitar o LTE-U (uso de frecuencias libres) para incrementar as conexións actuais (tanto Wi-Fi como 4G).
Demostración en vídeo das grandes velocidades de transmisión que conseguen os procesadores Snapdragon 820
Carga rápida mellorada
Qualcomm tamén leva meses integrando en numerosos terminais o seu sistema de carga rápida 2.0, e agora presenta a versión 3.0 desta tecnoloxía, que mellora a eficiencia ata un 38%, conseguindo cargar unha batería na metade de tempo que a primeira versión do seu sistema de carga rápida.
Esta nova tecnoloxía chegará a terminais durante o ano que vén, e promete que un smartphone convencional poida cargar a súa batería ata o 80% en só 35%, cando co sistema de carga ordinario tardaríase unha hora e media. Un avance moi significativo, que en moitos casos axuda a mitigar a sempre limitada autonomía dos smartphones actuais.
Vídeo no que amosan o sistema Quick Charge 3.0 de Qualcomm
