Tras a estrea de eComm&Beers Galicia na cidade da Coruña no mes de xuño, esta serie de encontros para profesionais do comercio electrónico que pretende abrir o debate sobre como facer medrar e incrementar a rendibilidade dos proxectos de tal categoría trasládase a Vigo o vindeiro xoves, concretamente á sede de AFundación na rúa Policarpo Sanz, 24-26, onde ás 19:00 horas abordará o reto da internacionalización, para o que cóntase coa presenza dos relatores Brais Comesaña (Carrick) e Nico Castro (Nivel03) que afondarán no reto e as dificultades da interacionalización e os erros máis frecuentes que debemos superar na estratexia de comercio electrónico, pois aínda que a comercialización de produtos máis alá das nosas fronteiras sexa unha grande oportunidade, non está ausente de atrancos complicados de anticipar para os non iniciados.
Rematada a xornada formal, os participantes poderán completar o encontro cunha sesión de netwoking na Cervecería Estrella Galicia.
eComm&Beers Galicia celebrará en Vigo a súa segunda edición o vindeiro xoves
Compartir Este Artigo
