Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CDTIC acolle un seminario sobre Owncloud e as súas potencialidades para achegarnos unha nube segura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O CDTIC acolle un seminario sobre Owncloud e as súas potencialidades para achegarnos unha nube segura

Redacción
Publicado: 22/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

owncloud-2.jpgEste xoves o Centro Demostrador TIC de Galicia (CNTG, Santiago) vai acoller unha xornada específica para introducirnos nas metodoloxías actuais para intercambiarmos información na Rede do xeito máis seguro posible. Máis polo miúdo, do que se trata é de levarnos da man no uso e funcionamento da ferramenta OwnCloud, sistema libre para a nube persoal ou para colectivos que precisen compartir ficheiros de calquera índole nas mellores condicións. Como lembraremos, OwnCloud está dispoñible en galego (foi traducida por Miguel Bouzada e un equipo de tradución integrado por xente de Trasno e outros tradutores voluntarios) e a través desta solución podemos facer cousas como sincronizar arquivos, calendario, contactos ou notas, e todo a través de extensións como os que achega Mozilla Sync en Firefox. Conta con aplicacións para Android, iOS e versións de escritorio para Linux, Windows e Mac OS X.
Volvendo á xornada do 24 de setembro, este xoves, dicir que vén da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN). Trátase da quinta xornada do Programa de Formación en Software Libre para o Terceiro Sector que organizan conxuntamente. O seminario que leva por título OwnCloud: Arquiva e comparte na nube os teus documentos para acción social desenvolverase en horario de 17.00 a 20.30 horas no Centro Demostrador TIC. Este ciclo formativo enmárcase nas actividades do Programa de Voluntariado Dixital da AMTEGA.
Como dixemos, o seminario céntrase na ferramenta Owncloud, unha solución que en palabras dos organizadores constitúe unha alternativa libre a outras solucións privativas como Dropbox, Microsoft Onedrive ou Google Drive. Na xornada trataranse as necesidades específicas do terceiro sector, a xestión da información na contorna lexislativa e a protección de datos e as solucións que ofrece Owncloud, así como as súas capacidades técnicas. “Esta actividade formativa”, sinala AMTEGA, “está especialmente deseñada para responsables, persoal e persoas voluntarias pertencentes a asociacións ou a entidades do terceiro sector que teñan interese na implantación de ferramentas para a mellora tecnolóxica”.
Coa xornada sobre OwnCloud prosegue o ciclo de actividades formativas dirixidas ao terceiro sector e organizadas pola axencia en colaboración con EAPN. Trátase dun total de nove actividades especialmente pensadas para este sector da economía composto por entidades sen ánimo de lucro. O ciclo iniciouse o pasado 10 de setembro co curso Coñece que pode facer o software libre pola túa asociación, ao que lle seguiron dous cursos de Drupal (un básico e un avanzado) e outro sobre WordPress.
Na web do Centro Demostrador TIC poden consultarse ás datas dos vindeiros cursos: ferramentas para participación cidadán, xestión e captación de doazóns, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?