A aplicación de mensaxería instantánea Telegram recibiu hoxe unha nova funcionalidade, Channels, que consiste en canles para transmitir mensaxes a unha ampla audiencia, substituíndo ao vello sistema de listaxes de retransmisións e mellorándoas. Esta nova solución carece de límite de membros, as canles creadas poden ser públicas cunha ligazón permanente para facilitar o seu acceso e cun contador de visualizacións en cada entrada.
Cando un usuarios se una a unha canle de Telegram terá acceso ao seu historial completo, e como exemplo desta nova función temos unha canle oficial de Telegram na que informan de actualizacións.
Esta nova funcionalidade chega hoxe nas actualizacións das aplicacións oficiais de Telegram para Android e iOS, sendo máis importante esta última, xa que aproveita a súa renovación para aproveitar as novidades de iOS 9, de xeito que agora permite responder de xeito rápido dende as notificacións. En poucas semanas a aplicación recibirá outras novidades de iOS 9 como a vista partida.
Telegram estrea canles para facilitar as comunicacións masivas
Compartir Este Artigo
