Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Roberto Zompi (Magneti Marelli) e Victor Tuson (Canonical) participarán en LibreCon 2015
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Roberto Zompi (Magneti Marelli) e Victor Tuson (Canonical) participarán en LibreCon 2015

Redacción
Publicado: 24/09/2015
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

librecon_2015-2.jpgRoberto Zompi, un dos grandes expertos na aplicación de software de código aberto no ámbito dos coches intelixentes, e Victor Tuson Palau, vicepresidente de Canonical (a empresa creadora do sistema operativo Ubuntu), participarán como relatores en LibreCon 2015. Lembrar que as entidades empresariais AGASOL, ASOLIF e Clúster TIC Galicia son as organizadoras deste evento, un punto de encontro ineludible para os seareiros, usuarios e desenvolvedores (empresas, profesionais) dos ámbitos galego, estatal e internacional da programación aberta. A cita é en Compostela os días 29 e 30 de outubro.
Roberto Zompi, informa a organización, é xerente de Enxeñaría Avanzada na multinacional de compoñentes e sistemas de alta tecnoloxía para o automóbil Magneti Marelli, pertencente ao Grupo Fiat Chrysler, histórico propietario de marcas do prestixio de Ferrari, Lancia, Alfa Romeo e Maserati. É tamén vicepresidente de Genivi Alliance, un consorcio que promove a aplicación de software de código aberto no eido do motor.
Victor Tuson Palau é vicepresidente de Canonical, a empresa que está detrás do sistema operativo lbre Ubuntu, e é o responsable dos proxectos para a aplicación desta ferramenta open source aos dispositivos móbiles. Ambos os dous expertos participarán nas sesións plenarias da quinta edición de LibreCon, para a que se estima unha participación de 1.500 profesionais e unhas 600 empresas.
Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia e director de Desenvolvemento de Negocio de R, sinalou que “a participación de Roberto Zompi en LibreCon 2015 garante un debate do máximo nivel nun eido de tanta relevancia económica como é a aplicación das tecnoloxías abertas ao sector do Automóbil”.
Pola súa banda, Xavier Castaño, presidente de AGASOL, manifestou a súa satisfacción por poder confirmar a participación de tecnólogos do prestixio de Victor Tuson Palau e Roberto Zompi. “En datas vindeiras agardamos poder confirmar máis relatores que completarán un panel de auténtico luxo, de xeito que o encontro será unha oportunidade única para coñecer casos de éxito, inspirarse nos consellos dos expertos e facer networking“, asegurou. Castaño engadiu que a inscrición de participantes avanza a bo ritmo e animou a todos os interesados a visitar a web de LibreCon para conseguir as súas entradas.
Segundo informou recentemente o Clúster, a conferencia ten por obxectivo fundamental dar novos folgos ao negocio e ao emprego en todos os sectores da sociedade botando man dunha fórmula con grandes beneficios e vantaxes para o conxunto da sociedade: a fórmula do software libre.
Esta edición xirará arredor das seguintes temáticas: a electrónica de consumo, o motor (sistemas de lecer, automóbil conectado), a Internet das Cousas, o software libre na docencia e o comercio electrónico.
O programa de Librecon abranguerá conferencias, mesas redondas e presentacións de iniciativas que irán artellándose en itinerarios centrados na difusión de coñecemento práctico aplicado de solucións abertas, a través de casos de éxito reais no ámbito público e privado en cada un dos eixos temáticos.
librecon_2014.jpgSegundo lembran AGASOL e o Clúster TIC, haberá zona de obradoiros e demostracións de produto na que se presentarán solucións abertas “cun enfoque eminentemente práctico”, polo que estarán dirixidos cara a perfís máis técnicos cun alto poder de decisión nos departamentos de IT de diferentes organizacións.
Como recordaremos, LibreCon é un evento de nivel mundial que xunta expertos de distintos ámbitos e organizacións internacionais. En entregas anteriores, contou coa presenza de Bruce Perens, co-fundador da Open Source Initiative (OSI), Jeremy Allison, da área de Open Source de Google, Jesús Ruiz, director de Innovación Aberta de Banco Santander, Peter Hofmann, responsable do proxecto LiMux do Concello de Múnic, Timur Pulathaneli, enxeñeiro de desenvolvemento en Ford ou Jim Whitehurst, presidente de Red Hat.
“LibreCon”, sinalan os organizadores, “é un foro único para coñecer algúns dos casos de éxito de negocios e tecnoloxías abertas máis relevantes do panorama internacional”. Segundo comenta Xavier Castaño, presidente de AGASOL, “a conferencia tamén é un punto de encontro de networking no que se fomentan o tecido empresarial, os investimentos e o emprego”. Ademais, sinala, “será un evento no que teremos a oportunidade de xerar negocio con algunhas das principais compañías e entidades de Europa”.
Para AGASOL, está claro que Santiago de Compostela, grazas a LibreCon, “converterase durante dous días no centro dos negocios, o emprego e as tecnoloxías abertas a escala internacional, e máis nunha cita obrigada para a industria tecnolóxica, coa presenza de directivos de todos os niveis, responsables técnicos, traballadores do sector e axentes públicos e privados tractores de innovación, coñecemento, emprego e negocio que queiran coñecer o último en solucións baseadas en tecnoloxías libres”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?