Aínda que podemos ter a impresión de que pasou a moda das aplicacións móbiles, un informe de comScore analizando o uso das apps nos EE.UU. sostén que o pulo aínda é moi forte e, se excluímos ao navegador web como aplicación móbil teríamos que de media os norteamericanos gastaron preto de 70 horas usando aplicacións móbiles no mes de xuño, o que no caso dos mozos entre 18 e 24 anos superaría as 90 horas. Amais, tamén destacan que as aplicacións móbiles están a chegar a audiencias cada vez máis amplas, con 60 aplicacións que superaron os 10 millóns de usuarios únicos en xuño, fronte ás 44 que rexistraron no mesmo período do ano pasado.
De todos os xeitos cómpre destacar que os usuarios centran a súa atención en moi poucas aplicacións, de xeito que é habitual que a metade do tempo de cada usuarios estea centrando nunha única aplicación e as 3 aplicacións máis usadas acapararían o 78% do tempo de uso.
No caso norteamericano non sorprende saber que Facebook é a aplicación dominante (pois nese mercado ocupa a posición que en España tería WhatsApp) e cada vez estaría a conseguir un meirande pulo do vídeo no móbil. Confírmase así o bo traballo que Facebook está a facer no ámbito móbil nos últimos anos, así como o feito de que a comunicación interpersoal continúa a ser tractriz no móbil.
O 78% do tempo de uso do smartphone limítase a tres aplicacións
Compartir Este Artigo
