Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: RTVE aposta por formar aos seus traballadores en software libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

RTVE aposta por formar aos seus traballadores en software libre

Redacción
Publicado: 01/10/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Axustar o gasto dunha corporación pasa, case de xeito obrigado, por apostar polo software libre (entre outras cousas). O motivo: programas e ferramentas en xeral máis accesibles (algunhas de balde, outros non necesariamente), supresión do pago de licenzas e de renovación das mesmas e, en xeral, máis marxe de manobra para afacer recursos ás necesidades específicas da corporación. Así o entende RTVE (Radio Televisión de España), que “no marco da súa política de racionalización do gasto”, anunciou que vai formar aos seus empregados en diferentes aplicacións de software libre orientadas ó tratamento gráfico de imaxes e deseño 3D.
Segundo explica a corporación nun comunicado oficial e reflicten canles galegas centradas no código aberto como Mancomún, a medida tamén se insire na estratexia de RTVE por “seguir na vangarda tecnolóxica e pola innovación”, e forma parte do seu plan de aforro e eficiencia. O resultado é a introdución no seu seo de ferramentas informáticas de software libre “como alternativa para aplicacións privativas con altos custos de licenzas”. O tipo de aplicacións open source que están a implantar están orientadas ao manexo de documentos en PDF, creación gráfica e 3D e tratamento dixital de imaxes. Co obxectivo de que se lles tire o máximo partido a estas tecnoloxías libres, RTVE a través do seu instituto de formación e a súa aula virtual (apoiada na plataforma aberta Moodle), abriu unha convocatoria de cursos específicos: o primeiro destinado á creación e tratamento dixital de imaxes e orientado a crear e modificar as mesmas para ser empregadas en documentos audiovisuais e gráficos; e o segundo centrado no deseño gráfico e modelado en tres dimensións
Trátase de dous cursos teórico-prácticos en liña a desenvolver a través da plataforma Moodle do Instituto RTVE (aprendizaxe a distancia baseado en software libre) que facilita o acceso a materiais, avaliacións e exercicios prácticos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?