Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Liberado o Dicionario da Pronuncia da Lingua Galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Liberado o Dicionario da Pronuncia da Lingua Galega

Redacción
Publicado: 05/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dicionariopronuncialinguagalegaportada.jpgO Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega está a disposición dos internautas no Repositorio de Software Libre da Xunta, ou sexa cen por cen accesible e en formato aberto (poderá ser reutilizado por calquera persoa ou empresa que queira crear ferramentas sobre o alicerce do dicionario). Trátase dun recurso tecnolóxico-lingüístico dotado con máis de 66.000 ficheiros sonoros destinado a facilitar o coñecemento da nosa lingua na vertente oral.
O dicionario, que xa estaba ao alcance da nosa man na web do Instituto da Lingua Galega (ILG), foi ceibado agora pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en colaboración co devandito instituto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Unha das súas principais funcionalidades é que permite que calquera falante que dubide sobre a pronuncia dunha palabra galega estea en disposición de escribila e de poder ver a transcrición fonética, así como escoitar a pronunciación desa palabra. Este recurso tamén está integrado no Dicionario da Real Academia Galega, no que é posible consultar a pronuncia de calquera das palabras nel recollidas.
Segundo informan AMTEGA e o ILG, o dicionario ofrece un modelo de pronuncia da lingua galega, na súa variedade estándar, nun rexistro formal e cun ritmo normal de fala. As dúas entidades coinciden en salientar o “interese lingüístico desta ferramenta e os posibles usos que podería ter para o emprego, por exemplo, no desenvolvemento de ferramentas de aprendizaxe do idioma”. Esta potencialidade é o que as animou a colaborar para liberar o dicionario, un recurso que, como dixemos, fornece un total de 66.714 ficheiros de son en formato aberto ogg. Ademais de léxico común, incluíndo as voces máis recentes do dicionario da Real Academia Galega, abrangue tamén mil nomes propios de persoas, 1.500 apelidos e os nomes dos concellos, comarcas e parroquias do país, así como varios centos de nomes de ríos, montes e accidentes costeiros.
Recordar que este material foi elaborado a través dunha colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a USC, por medio do ILG, e contou coa colaboración da Radio Galega.
A base de datos do dicionario de pronuncia está dispoñible no Repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia. Todos os ficheiros publícanse na páxina do proxecto baixo a licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?