Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Internet das Cousas e os coches conectados, dous dos grandes eixes temáticos de LibreCon 2015
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

A Internet das Cousas e os coches conectados, dous dos grandes eixes temáticos de LibreCon 2015

Redacción
Publicado: 08/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

librecon_2015-2.jpgFálase moito da Internet das Cousas (IoT) pero se cadra non se fala tanto do papel que representa (e representará) o software libre con esta nove orde (e nunca mellor dito) das cousas. Esta confluencia entre obxectos conectados e programación sen cancelas será un dos puntais temáticos de LibreCon 2015, congreso organizado por AGASOL, ASOLIF e Clúster TIC Galicia e punto de encontro ineludible (os días 29 e 30 de outubro en Santiago) para os seareiros, usuarios e desenvolvedores de ferramentas open source.
Para quen non o saiba, a Internet das Cousas é en boa medida o estado evolutivo seguinte da nosa sociedade e a nosa economía, un estado no que estaremos en comunicación constante, natural e fluída, cos obxectos das nosas contorna. E todo a través de redes de comunicación avanzadas e, como se vai lembrar en LibreCon, recursos tecnolóxicos libres.
Por certo que na edición 2015 do congreso tamén se botará luz sobre o potencial da programación aberta no ensino e máis no desenvolvemento de coches conectados, ou sexa, os vehículos con capacidade para mellorar e facer máis seguros os nosos desprazamentos, facendo cousas concretas como avisarnos de posibles tapóns de tráfico, propor accesos alternativos, poñernos en contacto automático cun taller ou avisar de alarmas meteorolóxicas, entre outras moitas funcionalidades (por exemplo a interconexión entre uns vehículos e outros). Deste tipo de achados, baixo unha óptica de código aberto, falará en LibreCon Roberto Zompi, un dos grandes expertos actuais na aplicación de software libre nos coches intelixentes, xerente de Enxeñaría Avanzada na multinacional de compoñentes e sistemas de alta tecnoloxía para o automóbil Magneti Marelli (pertencente ao Grupo Fiat Chrysler, histórico propietario de marcas do prestixio de Ferrari, Lancia, Alfa Romeo e Maserati).
Amais de Magneti Marelli, tamén estarán presentes no congreso as entidades internacionais Canonical (a empresa creadora do sistema operativo Ubuntu), Intel ou OpensourceVehicle, estando representada a nosa terra polas importantes achegas de Igalia, Staticboards, o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e a asociación AGASOL, co-organizadora do evento. Segundo avanza precisamente AGASOL, ao longo dos dous días de actividade falarase (e moito) de robots submarinos libres (hardware e software aberto), de dispositivos intelixentes con sistemas sen licenza pechada, de fogares intelixentes, de obradoiros hackers para as escolas e mesmo de “vacas conectadas”.
A cita será no Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia e a entrada é de balde previa inscrición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?