Dende o pasado mes de xaneiro os usuarios de aplicacións móbiles de Twitter podían subir fragmentos de vídeo gravados directamente dende o seu dispositivo, mentres que dende o ordenador a única opción oficial para publicar vídeos nativos en Twitter era a subida de limitadas animacións en formato GIF, pero a partires de hoxe rematou a discriminación, e a propia páxina web de Twitter integra a posibilidade de subir un vídeo coa mesma facilidade que unha foto, engadindo a posibilidade de elixir un punto de entrada e de saída do clip correspondente para respectar o máximo de 30 segundos que marcou Twitter (pensando en que a súa reprodución será automática, polo que non sería razoable a carga automatizada dun ficheiro de demasiado tamaño).
Para poder compartir vídeos estes deben estar en formato MP4 co vídeo en H254 e o audio en AAC, cun tamaño máximo de 512 MB, unha resolución máxima de 1.920 x 1.200 píxeles, con ata 40 imaxes por segundo e cun bitrate máximo de 25 Mbps, condicións máis que razoables e nas que están o bo número de contidos dos que actualmente se comparten a través da Internet.
A páxina web de Twitter por fin permite compartir vídeo
Compartir Este Artigo
