Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha xornada afondará nas boas prácticas con software libre en ONG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Unha xornada afondará nas boas prácticas con software libre en ONG

Redacción
Publicado: 16/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

softlibreong_01.jpgA AMTEGA celebra o 22 de outubro a I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONG e Entidades de Acción Social, encontro que terá lugar no Edificio CINC da Cidade da Cultura e que estará composto por relatorios sobre experiencias de implantación de Software Libre en diferentes entidades asociativas e sociais así como exemplos de uso de ferramentas de Software Libre no ámbito da cooperación e a inclusión social. A xornada desenvolveranse de 16:30 a 20:30 como peche do ciclo formativo de Software Libre para o terceiro sector, no marco das actividades do Programa de Voluntariado Dixital e do Plan de Software Libre 2015 da AMTEGA.
softlibreong_02.jpgTrátase dunha xornada de intercambio de experiencias na que se contará tanto coa visión técnica de profesionais TIC, como coa visión de usuario final das propias entidades. O evento está aberto a todos os interesados e a asistencia é de balde, pero por limitacións de aforo para participar nesta xornada cómpre inscribirse en liña. A xornada poderá seguirse tamén a través de Twitter co cancelo #softlibreONG e vía streaming a través da web da xornada.
Os relatorios impartidos por persoas voluntarias e responsables das entidades do terceiro sector analizarán a experiencia de proxectos como o voluntariado con software libre nos centros penitenciarios de Galicia da Asociación Melisa, a experiencia da migración a Software Libre na Coordinadora Galega de ONGD desenvolvida polo Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) ou a implantación de Software Libre en CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña.
Así mesmo iCarto presentará o uso de tecnoloxías de información xeográfica libre en proxectos de Cooperación para o Desenvolvemento e Enxeñería sen Fronteiras compartirá a súa experiencia na xestión de persoas socias e voluntarias empregando software libre coa ferramenta CiviCRM.
Como peche da xornada o relatorio Voluntariadogalego.org fará un recorrido dos anos de vida do portal da Dirección Xeral de Voluntariado.
Así pois nesta xornada ONG, ONGD, asociacións e colectivos de voluntarios compartirán o uso que fan sobre ferramentas libres como o sistema operativo GNU/Linux, o paquete ofimático LibreOffice, o software de edición de audio Audacity, a nube de almacenamento de arquivos OwnCloud, o xestor de contidos web WordPress ou o xestor de información xeográfica gvSIG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?