Tras moitos meses de ruxerruxe sobre a posibilidade de que YouTube contase cun servizo premium chega a EE.UU. YouTube Red, un servizo que permite aos usuarios acceder a unha experiencia mellorada de consumo de material audiovisual na plataforma de vídeo máis popular a nivel mundial á vez que permite que os creadores de contidos podan gozar dunha nova fonte de financiamento.
YouTube Red botará a andar o vindeiro día 28 e terá un custo de 9,99 dólares/mes, ofrecéndose o seu primeiro mes de balde, e ofrecerá a reprodución de vídeos en YouTube sen publicidade, permitindo tamén a súa descarga no móbil ou na tableta para facilitar a súa reprodución fóra de liña. O servizo aplicarase a todos os servizos nos que nos identifiquemos en YouTube, incluíndo a recente aplicación especializada en gaming e a nova aplicación de YouTube Music que estará dispoñible en breve, e que busca facer máis doado o descubrimento de música en YouTube (servizo que enlaza con Google Play Music, de xeito que os usuarios que un abrirá o acceso ao outro).
Prevese que a primeiros do ano que vén os usuarios de YouTube Red tamén poderá acceder a contidos exclusivos e películas desenvolvidos por parte dalgúns dos meirandes creadores de YouTube. Deste xeito, a subscrición a YouTube Red ampliará a experiencia do conxunto de servizos de YouTube, o que esperan que compense a cota mensual que hai que pagar polo servizo.
Vídeo promocional de YouTube Red
