Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha aplicación web de análise do comportamento humano en vídeos recibe o premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Licenza Libre 2015
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Unha aplicación web de análise do comportamento humano en vídeos recibe o premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Licenza Libre 2015

Redacción
Publicado: 23/10/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xurado_cos_finalistas.jpgA AMTEGA concedeu esta tarde o premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Licenza Libre 2015 a Xoán Iago Suárez Canosa polo proxecto Aplicación web para a Análise do comportamento humano en zonas transitadas, aplicación que se encarga de detectar a todos aqueles obxectos ou persoas que aparecen nunha secuencia de vídeo, aplicando un algoritmo para medir o grao de anormalidade da súa conduta en base aos movementos que realizan. Este recoñecemento ten unha dotación económica de 1.500 euros achegada polo CIXUG ao abeiro do Convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.
Ademais, concedeuse tamén un segundo premio a Pablo Grela Palleiro polo Sistema de xestión de asociados de Cuac FM. Trátase dun sistema de xestión de socios que inclúe pagos a través de PayPal, remesas bancarias conforme á norma SEPA, así como en efectivo. Tamén posúe un xestor de actividades tales como formación e programas. Este segundo premio conta cunha dotación económica de 750€ achegados pola Asociación GPUL, colaboradora da iniciativa ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa AMTEGA

Contidos
  • Finalistas
  • Alta participación e calidade
  • Xurado

Finalistas

Os outros tres finalistas do premio, a quen o xurado felicitou polo seu traballo foron:
– Cristóbal García Camoira: Control de posicionamento de vehículos mediante Arduino. Desenvolvemento e construción dun sistema hardware mediante o uso da plataforma ARDUINO e un módulo GPS/GPRS/GSM, que nos permita coñecer en calquera instante a posición na que estea situado o vehículo onde vai integrado.
– Siro González Rodríguez Sistema de atención neurolóxica con WebRTC. Sistema base sobre o que as clínicas de atención médica poidan ofrecer servizo de citas e revisións a distancia. Particularmente enfocado cara unha clínica neurolóxica para avaliar a súa idoneidade nese ámbito concreto.
– María Sineiro Acha Deseño e implementación eficiente de coleccións paralelas en Java. Proxecto que presenta PJC (Parallel Java Collections), unha biblioteca que proporciona una implementación paralela das coleccións Java que incrementa o rendemento das operacións habituais en coleccións cun número significativo de elementos.

Alta participación e calidade

Un ano máis a participación no premio foi moi alta de de calidade, recibíndose un total de 14 inscricións, das que 13 candidatos completaron todos os pasos requiridos nas bases de participación. Este ano destacou tamén a variedade de áreas temáticas, xa que ademais das habituais titulacións Informáticas, houbo tamén proxectos da Escola Universitaria Politécnica de Ferrol, do Máster en Computación en Altas Prestaciones da USC ou da Facultade de Bioloxía da Uvigo.
En canto ás titulacións de orixe dos proxectos, dos 13 candidatos, hai 10 proxectos de fin de grao e 3 proxectos fin de mestrado; mentres que no que respecta á universidade de de orixe, 10 son da Universidade da Coruña, 1 da Universidade de Santiago e 2 da Universidade de Vigo.

Xurado

O xurado estivo composto por Basilio Fraguela, en representación da Universidade da Coruña; José Varela Pet, en representación da Universidade de Santiago de Compostela; Francisco Javier Rodríguez Martínez en representación da Universidade de Vigo; Santiago Saavedra da Asociación de Programadores e Usuarios de Linux, GPUL; Eladio Otero en representación da Amtega e Mar Castro Pereiro da Oficina de Coordinación de Software Libre da AMTEGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?