Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Todo en marcha para que comece LibreCon, a gran festa galega do software libre e os negocios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Todo en marcha para que comece LibreCon, a gran festa galega do software libre e os negocios

Redacción
Publicado: 28/10/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

librecon-2.jpgXa está todo listo para que comece (este xoves) o congreso LibreCon 2015, referente galego, estatal e internacional no ámbito do software libre e a vertente máis empresarial das tecnoloxías abertas. O evento, que abrangue dúas xornadas de intensa actividade no edificio CINC da Cidade da Cultura (relatorios, mesas redondas, obradoiros, demostracións, actividades para os máis pequenos, etc), vén da man de AGASOL, ASOLIF e o Clúster TIC Galicia. Haberá empresarios, profesionais das tecnoloxías sen cancelas, investigadores e responsables de administracións galegas ligadas ao ensino e ao tecnolóxico, todos eles intercambio información e dando a coñecer casos de éxito baseados en recursos de código aberto. O congreso comeza ás 9.15 horas coa presentación institucional a cargo de Xavier Castaño (AGASOL), Mar Pereira (AMTEGA), Jorge Duarte (Concello de Santiago), David Olmos (ASOLIF), Maite Agujetas (Grupo Santander) e Javier Aguilera (IGAPE).
Nun plano máis concreto, en LibreCon teremos oportunidade de escoitar, de primeira man, aos responsables dalgúns dos proxectos tecnolóxicos máis referenciais e vangardistas da actualidade, xa non só dentro do ámbito das tecnoloxías libres, senón das tecnoloxías en xeral. Xente como Victor Tuson, vicepresidente de Canonical, Roberto Zompi, vicepresidente de GENIVI-Magneti Marelli (Grupo Chrysler-Fiat) Dominig ar Foll (arquitecto software en Intel Open Source), Jim Groom (director da división de tecnoloxías do ensino na Universidade Mary Washington e creador de Edupunk) ou Tin Hang Liu (director executivo de OSVehicle).
As temáticas principais a tratar serán, entre outras, a Internet das Cousas, o automóbil conectado e a educación. Co obxectivo de compartir coñecemento, arredor de trinta charlas e obradoiros dun gran número de empresas e representantes galegos e estatais como por exemplo Igalia, ASPGems, Irontec, IBM, SuSE ou Teléfonica (e máis entidades públicas como a Xunta de Andalucía ou a Universidade de Granada) conforman unha axenda cargada de sesións adicadas a dar a coñecer novas iniciativas que amosen como as tecnoloxías abertas axudan á xeración de negocio en todos os sectores de actividade.
A zona expositiva, premios e actividades sociais, completan dúas xornadas repletas de tecnoloxía.
“Queremos potenciar o traballo en rede e o intercambio de coñecemento arredor de solucións baseadas en tecnoloxías abertas que aumenten a competitividade e eficiencia das organizacións”, indicou recentemente Xavier Castaño, presidente de AGASOL.
Un evento en familia, LibreKids
Co obxectivo de animar e facilitar a asistencia a aquelas persoas que teñan interese en participar nas xornadas o venres pola tarde, así como achegar a tecnoloxía aos máis pequenos, LibreCon habilitará o novo espazo LibreKids. Neste emprazamento haberá dous obradoiros dispoñibles para gozar da tecnoloxía nas actividades en familia. O taller Enredando con Mimadriña: origami e leds é unha proposta educativa e social que emprega como ferramenta base o origami (arte de orixe xaponesa baseada no pregado do papel) a partir de 5 anos. Pola súa banda, Enredando con escornabots: robótica e impresión 3D abertas achegará a robótica e a programación a nenos e nenas a partir de 6 anos. As actividades son de balde previo rexistro a través do sitio web da conferencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?