O venres pasado estreouse nas tendas españolas o novo Apple TV, un trebello que podemos conectar ao televisor para achegar contidos audiovisuais e aplicacións, e para comezar con bo pé vén de estrearse unha das aplicacións máis esperadas por moitos usuarios desencantados coa anterior versión do dispositivo, Plex, que permite a reprodución de películas e series de televisión entregados dende un servidor Plex (que tanto pode estar instalado nun ordenador da nosa rede doméstica como nun NAS conectado á nosa rede local) cunha interface con contidos enriquecidos de xeito que accedemos aos nosos contidos locais cunha ferramenta semellante a servizos como Netflix.
Esta aplicación non é a primeira vez que está presente nun Apple TV, senón que na segundo xeración do dispostiivos, ao que podía facérselle jailbreak, atoparan o xeito de instalarlle Plex, o que o converteu nun produto moi ben recibido polo público, e precisamente por non existir tal posibilidade coa seguinte xeración de Apple TV era polo que esta nova versión era tan agardada. Agora que as aplicacións son unha prestación oficial, era inevitable que Plex xurdise como unha das aplicacións estrela (como tamén o é Netflix), podendo descargarse completamente de balde, aínda que hai que pagar 4,99 euros para activar a reprodución de streaming dende a aplicación (de xeito que estariamos ante unha gratuidade discutible).
Plex chega ao novo Apple TV
Compartir Este Artigo

