Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A empresa galega EGATEL levará a TDT a Kenia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A empresa galega EGATEL levará a TDT a Kenia

Redacción
Publicado: 10/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

egatel_kenia_tdt.jpgA empresa ourensá EGATEL, especializada nos produtos e sistemas de radiofrecuencia encamiñados a transportar ou difundir sinais de televisión (analóxica e dixital) e sinais de radio dixital para cubrir as necesidades do mercado broadcast profesional global, vén de ser elixida por APD, a empresa adxudicataria do proxecto, para o despregamento de TDT en Kenia. Máis polo miúdo, EGATEL converterase en provedor para a subministración, instalación e posta en marcha de 10 novos centros de transmisión de alta potencia situados en diferentes puntos estratéxicos do país africano, configurados con sistemas de redundancia 1+1 baseados en transmisores EGATEL DVB-T2 de 2.3 kWrms.
Os transmisores de última xeración pertencen á actual Serie WHET (Wideband High Efficiency Transmitters), modelo TUWH4604 con refrixeración por ar, salientando por achegar unha alta eficiencia enerxética en toda a banda UHF mediante o uso de tecnoloxía Wideband Doherty que reduce de xeito significativo o consumo enerxético e, por tanto, os custos de operación.
A aceptación en fábrica dos equipos que compoñen a subministración terá lugar a finais deste mes de novembro, durante a cal unha delegación de APD e do operador de TV pública KBC (Kenya Broadcasting Corporation) estender a súa rede de Televisión Dixital no país. visitará a sede de EGATEL en Ourense, para coñecer de primeira man as instalacións e realizar as inspeccións e probas oportunas aos equipos antes de proceder á súa distribución aos diferentes centros de destino.
Segundo fontes da firma galega, grazas a este proxecto consolídase a presenza de EGATEL nun novo país africano como subministrador de transmisores de TDT no seu proceso de migración á TV Dixital, “proceso complexo e de gran alcance e cun horizonte de apagamento analóxico inmediato”, engade a compañía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?