Dende o ano 2003 existe unha iniciativa solitaria para recadar fondos para loitar contra problemas de saúde masculinos coma o cancro de próstata ou de testículos que consiste en organizar diferentes iniciativas durante o mes de novembro que buscan gañar visibilidade dun xeito curioso: os participantes teñen que deixarse medrar bigote e coidalo durante todo o mes, de xeito que o mes de novembro pasaría a chamarse movember (fusión de moustache e november).
Para contribuír á divulgación do labor da Movember Foundation, entidade da que naceu esta iniciativa solidaria, dende Microsoft decidiron adaptar a súa tecnoloxía de recoñecemento facial (Microsoft Project Oxford Face API) para crear unha nova páxina web baixo o dominio MyMoustache.net, na que os usuarios poden subir as súas fotografías para que o sistema poña a proba o seu bigote, e asígnelle unha porcentaxe para indicar o seu nivel de mestría mostacheira. A páxina web tamén leva a un espazo dende o que achegar fondos á Movember Foundation.
Microsoft analiza bigotes para celebrar o movember
Compartir Este Artigo
