Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As persoas con dificultades de comunicación xa contan cunha app de raizame galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As persoas con dificultades de comunicación xa contan cunha app de raizame galega

Redacción
Publicado: 11/11/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_pictotalk_captura.jpgA importancia de comunicarse para transmitir o noso estado, algún desexo ou necesidade de axuda é algo no que ninguén repara pois case todas as persoas son quen de levalo a cabo. O xeito máis común de comunicarnos é a comunicación verbal, que se pode manifestar de dúas maneiras: oral (mediante signos orais e palabras faladas) ou escrita (mediante a representación gráfica de signos). O caso que nos ocupa é pensar naqueloutras persoas que non son quen de acadar esta comunicación verbal, como se comunican elas? Pois na actualidade, para as persoas sen comunicación verbal (que non poden falar, ler ou escribir) a comunicación con sistemas de mensaxería instantánea como o Whatsapp ou o Telegram non é posible. Precisan dun sistema de comunicación que permita o emprego de pictogramas no lugar de texto e nisto é no que se basea a aplicación para dispositivos Android PictoTalk, desevolvida por Accegal.
Trátase dun proxecto de colaboración entre profesorado de centros públicos e o Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI) da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para a elaboración de solucións de accesibilidade baseadas en dispositivos móbiles.
O enxeñeiro Sergio Álvarez traballou durante un ano no deseño desta aplicación ata convertela no seu proxecto fin de carreira da man do profesor Enrique Costa e a mestra e pedagoga Fátima García. Dende o mes de xullo, que comezou a estar dispoñible na páxina de Accegal e en Google Play, a app ten xa máis de 600 usuarios. Trátase dunha aplicación de mensaxería instantánea para usuarios sen lectoescritura aos que lles permite a comunicación a través de pictogramas que representan esquematicamente un símbolo, obxecto real ou figura. PictoTalk é un sistema de mensaxería que, empregando Internet, permite a comunicación a distancia. A aplicación é altamente configurable e permite a cada usuario contar cunha selección de pictos adaptada ás súas necesidades, que se poden descargar e aos que se poden unir fotografías de obxectos reais que axuden á comunicación. A app está dispoñible en español, inglés, alemán, francés e italiano.

Sergio Álvarez, Enrique Costa e Fátima García
Sergio Álvarez, Enrique Costa e Fátima García
Segundo Fátima García, as persoas con dificultades de comunicación, como por exemplo algúns nenos dentro do espectro autista, que non poden expresarse de forma verbal, teñen unha alternativa nos pictogramas. Pola súa banda Sergio Álvarez engade que o seu obxectivo era achegar este enxeño o máis posible a algo coñecido como o Whatsapp, pero adaptado a usuarios de taboleiros de comunicación. De feito, os investigadores fan fincapé nas diferenzas entre ambos sistemas xa que mentres un emprega emoticonas o outro usa pictogramas. Fátima García puntualiza que “malia que semellan ter a mesma función, as emoticonas representan fundamentalmente emocións mentres os pictogramas teñen unha función máis comunicativa moito máis complexa”. Como exemplo, a docente pon o concepto de “contento” que se pode representar cunha emoticona fronte a conceptos como “ter” ou “estar” que só se poderían transmitirse cun pictograma. Así, os usuarios poden construír frases como “non quero ir ao colexio mañá”, que con emoticonas sería imposible de facer. Para apoiar esta función comunicativa, a app permite tamén comunicarse escribindo e ofrece a posibilidade de reproducir en voz as mensaxes recibidas, tanto pictográficas como textuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?