Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nove de cada dez fogares galegos con nenos contan con Internet de banda larga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nove de cada dez fogares galegos con nenos contan con Internet de banda larga

Redacción
Publicado: 11/11/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mocidade_e_tic_2015_01.jpgA nova edición do estudo temático A mocidade e as TIC, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información (OSIMGA), avalía a incidencia da presenza de nenos e mozos no fogar en relación ao equipamento e uso das TIC, a partir de datos propios do Observatorio e expón os hábitos dos nativos dixitais en base a fontes complementarias, destacando que nove de cada dez fogares con nenos en idade escolar contan con Internet de banda larga.
A presenza de nenos de entre 3 e 16 anos segue a ser determinante en canto a contratación de banda larga, superando a media galega en 17,2 puntos porcentuais e en 22,6 puntos aos fogares que non contan coa presenza de nenos, confirmando que a presenza de nenos e estudantes fomenta a existencia de ordenadores nos fogares. O 89% de vivendas con nenos en idade escolar dispón dalgún ordenador, fronte ao 65,9% dos fogares onde non residen nenos (23,1 puntos de diferenza).
mocidade_e_tic_2015_02.jpgEn termos evolutivos, o uso da Internet nos fogares con nenos medrou 6,1 puntos máis que o ano anterior e supera o ritmo de crecemento que rexistran as vivendas sen presenza dos máis novos, que experimentaron un incremento de 3,8 puntos no último ano.
As principais razóns para non ter Internet nos fogares con nenos son os altos custos tanto de conexión de Internet (70,9%), como dos equipos (54,3%), mentres que nos fogares sen presenza de nenos non contratan Internet principalmente porque non lles resulta nin útil nin interesante (59,3%).
O estudo constata unha diferenza xeracional considerable no que se refire aos trámites coa Administración a través de Internet. Os internautas galegos de 16 a 34 anos optan, en maior medida, polo uso de Internet para relacionarse coas Administracións Públicas, superando amplamente as porcentaxes que rexistran o resto de internautas.

Os hábitos dos mozos

mocidade_e_tic_2015_03.jpgO estudo do OSIMGA analiza tamén os hábitos dos chamados nativos dixitais, en base aos datos da Enquisa sobre hábitos de uso e seguridade de Internet de menores e mozos en España, publicada polo Ministerio de Interior. Segundo este informe, preto do 62% dos pais e nais supervisan as web que visitan os seus fillos e máis do 30% dos proxenitores comproba á composición dos seus grupos de WhatsApp, perfís nas redes sociais e mensaxería instantánea
O informe apunta que máis da metade dos pais permiten aos seus fillos usar mensaxería instantánea, ver videoclips por Internet e navegar pola Rede en calquera momento. Non obstante, os pais prefiren supervisar as seguintes actividades: os perfís nas redes sociais, a descarga de músicas ou películas, subir fotos ou proporcionar información persoal en Internet. Ademais, o 76,5% dos mozos conéctanse a Internet dende unha habitación común do seu fogar
Cómpre salientar que o 58,8% destes mozos conéctanse á Rede todos os días, maioritariamente, entre unha e tres horas ao día. A realización de traballos escolares a través de Internet é a actividade mais común entre os mozos (95,5%), seguido da busca de información (94,9%) e a visualización de vídeo clips (94,5%).
As redes sociais están plenamente integradas na vida dos mozos. Dous de cada tres mozos dispoñen de, cando menos, un perfil nas redes sociais. Deles un 31,3% teñen creado máis dun perfil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?