Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha páxina web permítenos explorar a muralla medieval que rodeaba Santiago de Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha páxina web permítenos explorar a muralla medieval que rodeaba Santiago de Compostela

Redacción
Publicado: 11/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

murallasantiagocompostela.jpgO Consorcio de Santiago en colaboración co Concello compostelán recupera a páxina web da muralla de Santiago de Compostela, que permite navegar e coñecer mellor a antiga muralla medieval que rodeaba a cidade.
Froito de diversas investigacións, hoxe posúese moita información sobre o aspecto da antiga muralla e é posible localizar algunhas das súas partes. Así, esta aplicación recolle o resultado dos últimos traballos levados a cabo polo Concello de Santiago.
Esta iniciativa corre a cargo dos arquitectos do Consorcio Pablo Tomé e Idoia Camiruaga, quen explican que “Santiago de Compostela, como toda cidade medieval, estivo delimitada e defendida por unha muralla. Non obstante, sobre todo nos últimos decenios, pensouse que levaba destruída máis dun século. En realidade consérvanse algunhas partes, poucas á vista e a maioría ocultas tralas fachadas dos edificios e baixo o pavimento das rúas e prazas. Ademais, consérvase a súa traza”.
murallasantiagocompostela_fotos.jpgO espazo web proporciona planos e información sobre a historia da muralla: a súa orixe, significado, características, usos e a súa evolución ao longo dos séculos, xa que se derrubou de xeito paulatino durante a segunda metade do século XVIII e no XIX. Tamén se recolle unha galería de mapas, planos de detalle da construción, fotografías antigas da cidade e imaxes actuais do casco histórico, debuxos e mesmo sons e vídeos do fluír de Compostela en diferentes momentos do día, ou un quebracabezas que permite construír a muralla, entre outras posibilidades.
Os arquitectos salientan que “é un complemento informativo sinxelo, tanto para os composteláns como para os visitantes, para coñecer a cidade e indagar na información histórica e documental que se conserva”. Dispón dun mapa que propón dous percorridos pola muralla, un deles accesible dende o punto da mobilidade, e todos as iconas marcan elementos especiais da ruta, relacionados cos actuais espazos urbanos. Ademais, a muralla pódese percorrer en galego, castelán e inglés.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?