Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A quinta edición de Uxianet xunta en Ribeira un cento de afeccionados ás tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A quinta edición de Uxianet xunta en Ribeira un cento de afeccionados ás tecnoloxías

Redacción
Publicado: 12/11/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

presentacion_uxianet.jpgAgora que os encontros informáticos estatais e autonómicos para a mocidade están de capa caída, definitivamente, as iniciativas locais (ligadas a vilas e colectivos concretos) piden paso e demostran, no ámbito das LAN partys, que é o seu momento. En parte por ter os obxectivos máis claros e en parte por estar máis en contacto coa mocidade e os seus intereses (este tipo de partys locais veñen de asociacións que xuntan xente coma a que queren congregar). Nesta liña de futuro insírese Uxianet, a festa informática de Ribeira, que chega á súa quinta edición esta semana. O seu obxectivo: xuntar un cento de seareiros das novas tecnoloxías e fomentar, ao máximo, a participación, a colaboración e o intercambio de coñecemento e habilidades.
A cita será unha vez máis na Casa da Xuventude local. Ao longo da primeira xornada de actividades (este venres) irán chegando a dito emprazamento os seareiros das TIC que quixeron estar presentes para compartir e intercambiar coñecementos sobre tecnoloxías e coñecer outras persoas con intereses afíns.
O evento vén de ser presentado pola primeira tenente de alcalde do Concello e responsable da área de novas tecnoloxías, Fabiola García, e por Gustavo Llovo e Fernando Ferro no nome da asociación Birus (tamén estivo no acto o seu colaborador Adrián Martínez). Segundo lembraron, na festa que se desenvolve esta fin de semana “participarán arredor dun cento de afeccionados, que é o máximo que permiten as instalacións”. Por certo que no encontro inscribíronse persoas procedentes de todos os recantos de Galicia, e mesmo de fóra da nosa terra. “Do interese que esperta Uxianet”, informaron os organizadores, “dá conta o feito de que as prazas de carácter aberto (50 en total) esgotáronse en menos dun día dende a apertura do período de inscrición”.
A party de Ribeira prolongarase ata o domingo 15 de novembro. Deste xeito, informou o Concello, “os usuarios poderán gozar da mesma durante 60 horas ininterrompidas nas que mesmo poderán facer noite no albergue de que dispón a Casa da Xuventude”.
Fabiola García enumerou na presentación os obxectivos cos que se organiza Uxianet: “Conectar directamente uns ordenadores a outros para acadar velocidades que non se conseguirían cunha conexión caseira a Internet, grazas ao cal pódense xogar partidas e facer competicións en xogos multixogador practicamente en tempo real así como intercambiar arquivos de gran tamaño”. Tamén salientou o feito de que con encontros coma este contribúese a fomentar a aprendizaxe.
Pola súa banda, Gustavo Llovo (Birus) lembrou que a party abranguerá unha serie de actividades complementarias, por exemplo a celebración de cinco torneos (Counter strike global ofensive, League of Legends, Heartstone, Trackmania e Baskhead) e charlas en aberto sobre Airsoft (a cargo do grupo Mercenarios do Barbanza), sobre o framework Materialize (framework baseado en Material Design creado por Google para crear páxinas web totalmente responsive), sobre radioafección e receptores de TV e satélites meteorolóxicos, e, tamén, sobre creación de imaxes en 3D e 2D.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?