En xuño botou a andar o servizo Apple Music, que por unha cota mensual permite o acceso a un completo catálogo musical que reproducir en streaming, e aínda que inicialmente só estaba dispoñible para dispositivos de Apple, dado que busca chegar ao meirande número de usuarios posible, finalmente estreou aplicación para Android, que podemos descargar de balde, aínda que para gozar da mesma habería que pagar (aínda que é posible probar o servizo durante tres meses de balde).
Cómpre destacar que esta aplicación chega coa etiqueta de Beta, pois aínda non está o suficientemente madura, e moitas das funcionalidades da aplicación para iOS aínda non están dispoñibles. Así, aínda que permítenos reproducir cancións, escoitar radio en liña e interactuar a través de Connect, carece aínda de vídeos musicais e non permite darse de alta na modalidade familiar (para o que teriamos que realizar o proceso dende iOS ou dende un ordenador con OS X).
Apple Music estrea aplicación para Android
Compartir Este Artigo

