
A xuntanza dará comezo ás 9.30 horas. Lembrar que na anterior convocatoria participaron máis dun cento de empresas e arredor de 120 profesionais. Este ano, igual que nas edicións previas en Compostela (seis), a organización fará unha aposta especial no seu programa de actividades a prol das nosas empresas TIC e creativas.
A finalidade destes eventos é xerar unha contorna propicia para o intercambio de coñecemento e a cooperación entre empresas: un emprazamento que permita ás firmas tecnolóxico-dixitais, culturais e creativas traballar en rede e mellorar a súa competitividade a partir do intercambio de experiencias que faciliten e promovan a xeración de negocio.
O Gaiás acolle o 26 unha nova xornada Getting Contacts
Compartir Este Artigo

