Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concurso de Proxectos Tecnolóxicos do Campus de Ourense entregará 1.400 euros en premios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concurso de Proxectos Tecnolóxicos do Campus de Ourense entregará 1.400 euros en premios

Redacción
Publicado: 13/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gal1-2.jpgO 15º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos, organizado pola Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense e Expourense, ten aberto o seu prazo de inscrición ata o día 26 de novembro. Segundo informa a organización, o alumnado das universidades galegas e do Norte de Portugal que cursen titulacións da área de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) poden presentar os seus traballos fin de carreira ou fin de mestrado. A contía total dos premios ascende aos 1.400 euros.
O obxectivo desta iniciativa é “vincular as actividades de I+D+i da universidade no terreo da informática e as telecomunicacións co mundo empresarial”, sensibilizando ás empresas sobre o que lles pode achegar a aplicación da innovación e a investigación para o aumento da produtividade e da competitividade e estimulando a capacidade innovadora dos estudantes para “desenvolver proxectos cunha visión empresarial”. Máis polo miúdo, poden participar no certame alumnos e alumnas das universidades de Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Na modalidade A do concurso concorren os títulos de Enxeñaría en Informática, Enxeñaría de Telecomunicación e traballos de fin de mestrado de mestrados oficiais relacionados co terreo das tecnoloxías da información e as comunicacións. Na modalidade B participan os títulos de grao en Enxeñaría Informática, grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, Enxeñaría Técnica en Informática e Enxeñaría Técnica de Telecomunicación. Tamén haberá un Premio Especial Deputación de Ourense-Provincia Intelixente no que poden participar alumnos e alumnas pertencentes á modalidade A ou B. Todos os premios, que oscilarán entre os 400 e os 150 euros, estarán acompañados dun trofeo. Por último, entregarase un premio do público, dotado cunha estancia nun balneario ou un e-reader, para o proxectos que consigan máis seguidores na súa páxina en Facebook ata as 12.00 h. do día 9 de decembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?