Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O concurso MediaEval distingue os traballos do Grupo de Tecnoloxías Multimedia de AtlantTIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O concurso MediaEval distingue os traballos do Grupo de Tecnoloxías Multimedia de AtlantTIC

Redacción
Publicado: 13/11/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_grupo_tecnoloxias_multimedia_atlanttic.jpgO Grupo de Tecnoloxías Multimedia, integrante da agrupación AtlantTIC (Universidade de Vigo), vén de participar en Alemaña no concurso MediaEval 2015, unha iniciativa na que investigadores de todo o mundo achegan as últimas novidades sobre avaliación multimedia e recuperación de datos e na que os proxectos do equipo vigués, centrados na busca de datos a través de voz e imaxe, conseguiron unha cuarta posición, “o mellor posto de entre todos os investigadores e investigadoras que participaban por primeira vez neste certame”, informa a Universidade de Vigo, que engade que os traballos amosados en Alemaña polo Grupo encamíñanse, basicamente, a acadar procuras de información máis doadas e eficaces.
O Grupo de Tecnoloxías Multimedia, dirixido pola catedrática Carmen García Mateo, ten entre os seus obxectivos loitar contra a desorde e a desinformación á que nos pode abocar, precisamente, a información inxente. Sobre todo, de non haber xeitos de recuperar un dato concreto de xeito eficaz e eficiente cando o precisamos. Deste xeito, o Grupo ten xa unha longa experiencia na detección e identificación de conceptos e persoas a través do contido do propio arquivo, evitando limitar a busca aos títulos ou ás etiquetas cos que se identificara un documento. Grazas a estes esforzos, xurdiulles ás súas integrantes a posibilidade de participar en MediaEval, un concurso promovido por diversas institucións europeas cuxo principal obxectivo é analizar novos algoritmos para a recuperación de datos e o acceso multimedia.
Nesta ocasión este equipo (enxeñeiras e enxeñeiros da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación), participaron en dúas das tarefas do concurso. Por unha banda, na denominada Quesst (Query by Example Search on Speech Task), que consistía en buscar e identificar correctamente os exemplos concretos dados pola organización, que aparecían en unha serie de documentos de son. Neste senso, Paula López, investigadora na que recaeu esta tarefa, explica que lles entregaron arquivos en idiomas descoñecidos sobre os que debían traballar para localizar os exemplos concretos que lles deu a organización. Para acadalo, “traballamos con software libre para a busca de características e software de desenvolvemento propio para a busca exacta dos termos esixidos polos organizadores”, explica López.
A outra tarefa na que participou este equipo de AtlantTIC foi na denominada Multimodal Person Discovery in Broadcast TV, na que se “debía crear un algoritmo que fose capaz de identificar automaticamente e indicar que persoa ou persoas, descoñecidas para nós, estaban falando en cada momento do vídeo, xeralmente de noticias de televisión reais”, apunta Rosalía Barros, investigadora encargada deste apartado, que engade que “a identidade descubríase a partir do nome, que aparecía sobreimpreso na pantalla e debiamos asocialo aos datos de imaxe e de voz, indicando en que momento do vídeo aparecía e estaba falando a persoa, polo que ademais da identificación da voz debiamos incluír ferramentas de recoñecemento facial”.
Segundo explican os investigadores “as aplicacións de ambas investigacións son múltiples e variadas, válidas tanto para coleccións bibliográficas e documentais, como para facilitar as buscas en Internet, permitindo que os usuarios poidan acceder a cortes de vídeo nos que sae falando a persoa e non exclusivamente o acceso aos arquivos nos que só aparece identificado o título do vídeo, por citar un exemplo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?