Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense acometerá os seus plans de desenvolvemento en consenso coa cidadanía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense acometerá os seus plans de desenvolvemento en consenso coa cidadanía

Redacción
Publicado: 16/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

baltar.jpgA Deputación de Ourense vén de anunciar que vai pór en marcha unha iniciativa de participación cidadá, apoiada nas novas tecnoloxías, para impulsar o desenvolvemento urbano sustentable e integral da provincia. A medida, segundo informou os días pasados o presidente da entidade, Manuel Baltar, abrolla da vontade do Goberno provincial de habilitar plans “que conten con consenso da cidadanía”. Esta campaña de participación poderase realizar por medio de enquisas, encontros cos axentes sociais e unha caixa de correo específica para recoller ideas. As achegas recibidas serviralle á Deputación para elaborar iniciativas nos ámbitos medioambiental, económico e social.
Na enquisa –á que se poderá acceder desde a web da Deputación de Ourense- recolleranse opinións e suxestións dos cidadáns, e proporánselles cuestións sobre os principais problemas e retos da provincia así como sobre as posibles solucións. A caixa de correo abrirase por medio da Unidade de Transparencia “para que calquera cidadán, organización ou colectivo faga chegar ás súas propostas por escrito”. No que se refire á concorrencia dos axentes sociais, asociacións e sociedade civil, “organizaranse encontros con todos estes estamentos para escoitar directamente as súas opinións e propostas”, sinalou a Deputación, que engadiu que o obxectivo é acadar que a provincia se artelle arredor de catro eixes: sustentabilidade do medio ambiente (Provincia Verde), tecnoloxías smart (Provincia Intelixente), recursos para a competitividade e o desenvolvemento económico (apoio aos emprendedores, PEME e conxunto de empresas en xeral) e pulo ao termalismo (“un dos principais activos da provincia e que é preciso potenciar dende unha óptica integral”.)
Segundo informa a Deputación, tirando proveito de toda esta bagaxe cidadá porase especial fincapé na liña de axudas europeas referida, precisamente, ao Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado, cuxa finalidade é apoiar ás administracións locais á hora de afrontar os seus retos. Máis en detalle, a entidade provincial ten programada unha estratexia específica para dispoñer dunha folla de ruta coa que levar a cabo proxectos de sustentabilidade no territorio e complementar o seu acceso ás axudas (cuxa convocatoria será publicada os vindeiros días polo Ministerio de Facenda). Entre os devanditos proxectos figuran iniciativas sobre o uso das tecnoloxías da información, a transición a unha economía baixa en carbono, o impulso a políticas medioambientais e a inclusión social. “Trátase de traballar por un desenvolvemento integrado que non se centre só en obras senón que poña en marcha proxectos vivos e con contidos que contribúan ao desenvolvemento da provincia”, explicou o presidente da Deputación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?