Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Avansig e CITIC desenvolven un innovador dron autónomo para a vixilancia de interiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Avansig e CITIC desenvolven un innovador dron autónomo para a vixilancia de interiores

Redacción
Publicado: 16/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dron_prosegur.jpgAvansig e o Centro de Investigación TIC da Coruña (CITIC) veñen de achegarnos detalles sobre os froitos dun moi interesante proxecto tecnolóxico de colaboración desenvolvido entre a tres bandas entre a empresa, o devandito centro da Universidade da Coruña e máis Prosegur. Trátase dun proxecto para dar forma “ao primeiro dron autónomo de vixilancia interior desenvolvido na Coruña”. A iniciativa, materializada na cidade herculina de maneira íntegra, abrangue tecnoloxía propia e un software deseñado en exclusividade. O dron, explica o CITIC, “é un produto pioneiro en España que en breve vaise comercializar no resto de Europa, América e Asia”. Como lembraremos, a iniciativa foi recoñecida recentemente co Premio á Innovación Clúster TIC Galicia 2015. Recolleron o galardón os responsables de Avansig.
O aparello, un vehículo non tripulado, funciona guiado por un algoritmo de posicionamento cuxo miolo baséase en sensores de altura e nun escáner láser que presenta “unha marxe de erro máximo de tan só dous centímetros”, explica o centro tecnolóxico, que engade que o dron conta tamén con cámaras de gravación tradicional, por unha banda, e térmicas ou infravermellas, pola outra, “capaces de detectar corpos en función da súa temperatura que, doutra forma, serían invisibles para o ollo humano”. En palabras do CITIC, trátase “dun complemento perfecto para mellorar as capacidades humanas de vixilancia”.
Polo que respecta a Avansig, a empresa engadiu con motivo da concesión do dito premio do Clúster que o proxecto DroneService é “un sistema de seguridade baseado en drons con capacidade para realizar roldas de vixilancia no interior dos edificios de xeito totalmente autónomo”. Trátase, engadiron os responsables da empresa, dunha evolución natural dos servizos tradicionais de domótica e videovixilancia, “nos que se empregan circuítos de vídeo para facer seguimento de fogares ou establecementos”. No que se distingue este desenvolvemento con respecto do xa feito é, por exemplo, nas súas miúdas dimensións e na súa capacidade para navegar de maneira autónoma en espazos interiores. “O proxecto”, explicou Avansig, “permite introducir na industria da seguridade unha solución baseada en tecnoloxía punta que vai posibilitar fornecer servizos de seguimento innovadores, flexibles e dinámicos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?