Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Especialistas en enxeñaría de sistemas de ámbalas beiras do Atlántico xúntanse estes días en Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Especialistas en enxeñaría de sistemas de ámbalas beiras do Atlántico xúntanse estes días en Vigo

Redacción
Publicado: 16/11/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_wcseit.jpgO evento WCSEIT2015 (World Congress on Systems Engineering and Information Technology) xunta esta semana en Vigo investigadores e docentes de enxeñaría de sistemas de Brasil, España, Portugal e Arxentina. Trátase dunha cita internacional que tras o seu paso en 2013 por Porto, nesta edición foi dar a Vigo para achegar tres días de debates, mesas redondas, sesións plenarias e conferencias. O obxectivo: fornecer unha posta en común das investigacións e proxectos que se levan a cabo en diferentes institucións do mundo. O evento vén da man do World Council on Systems Engineering and Information Technology, co profesor Claudio da Rocha Brito como presidente do Comité Organizador; a profesora Melany M. Ciampi como presidenta do Comité de Programa Técnico, a vicerreitora Asunción Longo, que preside o comité local e o profesor da EE de Telecomunicación Martin Llamas como coordinador local.
Esta edición, informan, está centrada “nos desafíos, prácticas e tecnoloxías na era da información”. Dende este luns e ata o mércores, abordaranse temas como arquitectura avanzada TIC, procesos de negocio de enxeñaría e xestión, dirección de empresas e estratexia competitiva ou educación en enxeñaría de sistemas e tecnoloxías da información, entre outras moitas cuestións.
No congreso participan arredor de 40 persoas. Segundo informan os organizadores, a conferencia internacional ofrece a posibilidade de actualizar e revisar os conceptos clásicos en enxeñaría de sistemas e tecnoloxías da información. Ademais, sinalan, promove “a colaboración internacional entre científicos e permite a transferencia de coñecemento e tecnoloxía”, cun programa “moi intenso, con conferencias, sesións plenarias, presentacións de relatorios e obradoiro.
Na primeira xornada do congreso tivo lugar, entre outras cousas, a cerimonia de entrega dos premios á mellor tese de doutoramento e ao mellor traballo fin de grao outorgados polo Capítulo Español da Sociedade de Educación do IEEE (Institute of Electrical and Electronic Engineers). Estes galardóns contan co apoio de AtlantTIC e na convocatoria 2013/2014 foron concedidos na categoría de traballo fin de carreira, grao ou mestrado ao proxecto titulado Deseño e Implementación dun módulo de analítica de aprendizaxe na plataforma Khan Academy, realizado por José Antonio Ruipérez Valiente. O premio á Mellor tese de doutoramento foi para Germán Carro Fernández, pola súa investigación titulada Sistema de Integración de Laboratorios Remotos de Robótica (SILARR): Laboratorio Remoto de Robótica, Escalable, Versátil e Modular.
Xa pola tarde ten lugar unha mesa redonda que, baixo o título Bologna: current status and future trends reúne como relatores a Francisco Arcega, presidente do Capítulo Español do IEEE; Manuel Castro, ex presidente Jr do IEEE Ed.Soc.; Manuel Gericota e Paulo Ferreira, presidente e secretario, respectivamente, do Capítulo Portugués do IEEE Ed.Soc.
A xornada do martes centrarase nas sesións técnicas coas presentacións das comunicacións e pósters nos que se abordarán temas “moi diversos para analizar o papel que neles ten a enxeñaría de sistemas”, como por exemplo o ránking dos portais das universidades brasileiras con análise multicriterio; un xogo con finalidade educativa sobre a sustentabilidade dos recursos hídricos en Brasil; un prototipo dun robot para a reconstrución 3D con aplicacións educativas; ferramentas de ensino a distancia; a seguridade da información das empresas e os riscos asociados á participación nas redes sociais; sen fíos e as aplicacións de redes intelixentes; o proxecto dun vehículo anfibio radiocontrolado ou o ensino da linguaxe de programación.
Xa o mércores desenvolveranse dúas sesións especiais sobre novas tecnoloxías educativas, patrocinadas pola rede RIURE. Nestes relatorios participarán expertos de diferentes países, como España, Portugal e Uruguai e no seu transcurso a Universidade de Vigo presentará, de man do profesor Manuel Caeiro, os traballos de TELGalicia no eido dos recursos educativos abertos, proporcionando aos docentes de Primaria e Secundaria ferramentas dixitais para o ensino.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?