Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC centrará boa parte dos seus esforzos no emprego e na igualdade de oportunidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC centrará boa parte dos seus esforzos no emprego e na igualdade de oportunidades

Redacción
Publicado: 17/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

0_13002_1_bis.jpgA Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) de Lugo como entidade sen ánimo de lucro que é segue adiante co seu obxectivo de promover e levar a cabo actividades encamiñadas ao fomento da educación, a investigación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías, así como da denominada Sociedade do Coñecemento, de maneira que se contribúa a mellorar a formación relativa a estas tecnoloxías na provincia de Lugo. Segundo vén de informar a Deputación de Lugo (da que depende a Fundación), aprobouse un orzamento para 2016 por parte da TIC por valor de 1.802.395 euros. O presidente da entidade e da Deputación, Darío Campos, valorou o traballo que vén desenvolvendo a TIC nos últimos oito anos, defendendo “a igualdade de oportunidades como un piar fundamental do sistema educativo”.
Cómpre informar que unha parte das actividades da TIC estarán enfocadas a garantir un ensino de calidade adaptado ás demandas dun sector en continuo cambio. “Unha das nosas prioridades é o emprego, polo que reforzaremos as prácticas dos nosos alumnos en escenarios reais e as actividades complementarias coa experiencia de profesionais de prestixio para que teñan a formación axeitada á demanda do mercado”, engadiu Campus. Amais, avanzou que “dentro deste obxectivo, seguiremos a traballar para acadar convenios con empresas do sector audiovisual, a través da Escola ou da Lugo Film Commission, coa finalidade de achegar experiencia laboral ao noso alumnado e titulados”.
O presidente do organismo provincial tamén fixo fincapé no labor que está a desenvolver o Centro de Innovación Social, InLugo, e a alta demanda para participar nas súas actividades (máis de 1.600 inscricións este ano). Anunciou tamén que en 2016 “incrementaremos a presenza do InLugo con actividades formativas en diversos puntos da provincia co obxectivo de facilitar a todos os lucenses maiores de 55 anos o acceso ás novas tecnoloxías, independentemente do lugar no que residan”.
En 2016 a TIC tamén centrará parte do seu traballo no labor social a través do apoio a organizacións sen ánimo de lucro.
Por último, engadir que na reunión deste luns acordouse a continuidade de Margarita Soilán Carbia como xerente da Fundación TIC e a incorporación do Deputado Miguel Ángel Sotuela ao Padroado, do que tamén forman parte como patróns Álvaro Santos, Ramiro Moure, Xosé Ferreiro, Jorge Coira e Arturo Vaquero.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?