Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Galiciencia aborda a súa edición máis especial (a décima) con récord de concellos e proxectos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Galiciencia aborda a súa edición máis especial (a décima) con récord de concellos e proxectos

Redacción
Publicado: 17/11/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galiciencia-9.jpgFinalmente comeza este mércores a feira científica para a xuventude Galiciencia, sen dúbida un dos maiores e máis prestixiosos eventos de divulgación de toda a contorna estatal (por número de participantes, pola calidade dos achados e inventos presentados, pola visualización que se acada cada ano dos mesmos, etc). Segundo nos recorda a organización (a Tecnópole de Ourense), a edición 2015 do evento é sen dúbida “unha edición especial”. En parque porque se celebran con ela os dez anos de historia da feira tecnolóxico-científica, e en parte porque nunca antes se acadara un número tan alto de concellos galegos concorrendo, un total de 17 (a participación máis diversa das rexistradas nesta década de andaina do certame).
En cuestión de proxectos tamén hai cifra récord. De feito, presentaranse 74, dos que os 52 de Secundaria competirán polo premio final, mentres que os 22 de Primaria se expoñerán fóra de concurso. A eles súmanse catro proxectos de Catalunya e dous de Euskadi.
Galiciencia celébrase entre o mércores e o venres desta semana en Ourense. Máis polo miúdo, na carpa que a Tecnópole habilitará na propia cidade, un recinto que servirá para expoñer proxectos e recibir a visita de grupos escolares de toda Galicia, ás que se sumarán as persoas que acudan pola súa conta, con entrada libre para particulares e familias tanto en horario de mañá, de 10 a 13 horas, como de tarde, entre as 15 e as 18 horas.
A representación máis numerosa na exposición de proxectos procede dos concellos de Ourense e Vigo, con 12 inventos e enxeños cada un. A provincia de Ourense complétase con outros 10 de Pereiro de Aguiar e un de Pobra de Trives. De Pontevedra chegan, ademais dos de Vigo, 3 de Mos, 2 de Poio, 2 de Meis, un de Sanxenxo, un das Neves e outro de Redondela. Da provincia da Coruña proceden 4 de Santiago, outros tantos de Cambre e 4 máis de Ponteceso, que se completan con 2 de Ferrol. No caso de Lugo, aos 4 do concello capitalino súmanse outros 4 de Folgoso do Courel e un de Ribadeo.
ougaliciencia14f03-2.jpgSegundo informa a organización, a Galiciencia chega á súa décima edición cunha oferta de actividades paralelas á exposición de proxectos máis ampla que nunca, que inclúe a conmemoración do Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz a través de catro obradoiros orientados a diferentes idades. Neles, os participantes descubrirán os fundamentos e as propiedades da luz, das cores e do láser a través de espectaculares experimentos. Esta será tamén a temática da exposición instalada polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da charla que poderá seguirse online desde calquera centro educativo de Galicia grazas á súa retransmisión en streaming.
Polo que atinxe aos máis pequenos, a Tecnópole lembra que “terán a ocasión de mergullarse no mundo da robótica a través doutro obradoiro”. Ademais, todos os que visiten a Galiciencia poderán percorrer os dez anos do evento a través dunha exposición de fotografía na que se recollen os mellores momentos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?