Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O acceso a banda larga a 100 Mbps chega ao 65% da poboación estatal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O acceso a banda larga a 100 Mbps chega ao 65% da poboación estatal

Redacción
Publicado: 17/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

banda_larga-5.jpgO acceso a banda larga a 100 Mbps chega arestora ao 65% dos españois. Son datos actualizados do Ministerio de Industria, que vén de adaptar ao tempo presente o seu informe sobre cobertura de Internet de alta velocidade a petición da Comisión Europea. Segundo o informe, a 30 de xuño deste ano o 64,98% dos españois tiñan acceso á banda larga de velocidades de máis de 100 Mbps, cun incremento de 3,92 puntos no semestre. A cobertura da banda larga a máis de 10 Mbps acada o 86,12% da poboación.
Na investigación sinálase tamén que a fibra óptica ofrece unha cobertura do 52,77% da poboación e medre en 7,98 puntos no primeiro semestre de 2015. Pola súa banda, a cobertura de banda larga móbil coa tecnoloxía 4G chega xa ao 79,08 % da poboación cun incremento de 2,74 puntos.
De xeito complementario o Ministerio de Industria vén de publicar a resolución da Convocatoria do ano 2015 Programa Nacional de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración. O obxectivo deste Programa é “estender a cobertura das redes de telecomunicacións de nova xeración con capacidade para fornecer servizos de banda larga de moi alta velocidade (100 Mbps ou superior) e de alta velocidade (30 Mbps ou superior) ás zonas sen cobertura actual nin prevista nos vindeiros anos, denominadas zonas brancas NGA”. A finalidade deste programa é “loitar contra a fenda dixital, facilitando o despregamento das novas redes en zonas nas que, sen axudas públicas, non resultan rendibles para os operadores”. Estas axudas co-fináncianse co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Na convocatoria deste ano aprobáronse 100 proxectos de 39 operadores diferentes cun investimento total de 164,46 millóns de euros, que contarán cunha axuda pública de 57,84 millóns de euros. Mediante os proxectos aprobados, ofreceranse servizos de banda larga ultrarrápida en 1.080 localidades e 51 áreas empresariais de 504 municipios, “dotando de cobertura a 1.337.433 fogares e empresas”. Na táboa que amosa a distribución das axudas por Comunidades sinálase que na nosa terra hai dous proxectos beneficiados cun investimento total de 2,25 millóns de euros e unha axuda concedida de 0,79 millóns (agardándose que beneficien a 8.590 fogares galegos de 180 localidades en 16 concellos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?