Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios Vlogger distinguirán os meirandes talentos videoblogueiros do ámbito hispanoamericano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Premios Vlogger distinguirán os meirandes talentos videoblogueiros do ámbito hispanoamericano

Redacción
Publicado: 17/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

premios_vlogger_revelacion.jpgPara quen ande argallando xeitos de amosar o seu talento audiovisual na Rede e para a Rede lembrarlle que os vindeiros meses ten unha cita moi acaida para lucir músculo creativo: os Premios Vlogger. Trátase dun certame de alcance transatlántico que se dirixe, en palabras dos seus organizadores, “a recoñecer aos mellor videoblogueiros da Rede”. Os premios, que se resolven e se dan a coñecer o 29 de xaneiro en CaixaForum Madrid, achegan aos participantes as seguintes categorías: beleza, moda, fitness, cociña, negocios, manualidades, videoxogos, lecer, viaxes e internacional. Segundo informa a organización, era lóxico e natural que xurdise un certame específico que distinguise a creatividade e o talento que acubilla Internet no plano audiovisual.
“Estes vídeos de xente anónima que expresa a súa opinión, suxestións e recomendacións sobre distintos temas a través de plataformas como YouTube”, explican os impulsores do concurso, “están en crecemento e moitos dos seus creadores remataron por converterse en líderes de masas”.
Para ir dando visibilidade os organizadores dos Premios Vlogger desenvolveron xa unha plataforma web aberta, “para facer cómplice a todo o mundo”. Os participantes poderán subir a súa candidatura e promocionala. “Cremos que estes premios non serían o mesmo sen a participación do público, e é por iso que creamos un sistema de votacións aberto a través do cal se van a escoller o mellores cinco videoblogueiros de cada categoría”, sinala Gerard Graza, director executivo dos Premios Vlogger.
premios_vlogger.jpgPor certo que todos os usuarios que suban un vídeo de presentación aparecerán de maneira destacada na páxina de inicio portal, “viralizándose a súa candidatura”. A contía dos premios darase a coñecer durante o mes de decembro. Ademais, haberá dous galardóns especiais que premiarán a orixinalidade e a revelación. Desde o 15 de novembro están abertas as candidaturas ao público para que se poida votar e ficarán así ata o 10 de xaneiro, cando se elixirá ao cinco finalistas de cada categoría.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?