Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC achega este xoves un obradoiro práctico sobre como tirar o máximo proveito de LinkedIn
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC achega este xoves un obradoiro práctico sobre como tirar o máximo proveito de LinkedIn

Redacción
Publicado: 18/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

linkedin-2.jpgA Universidade de Santiago, a través da súa Área de Orientación Laboral, vai organizar un obradoiro de balde sobre a rede social por excelencia do ámbito da promoción profesional: a rede LinkedIn. O taller, que ten aberto o seu prazo de matrícula, é unha actividade de natureza práctica dirixida a pór de manifesto os recursos máis acaidos do dito servizo para os nosos vindeiros profesionais. Trátase, máis polo miúdo, do obradoiro Para que Linkedin?: aprender o uso eficaz desta rede profesional, que impartirá na mañá deste xoves 19 Alberte Cea, orientador laboral no Concello de Vigo e experto no uso de ferramentas dixitais, redes sociais e profesionais na busca de emprego.
A actividade vai dirixida ao alumnado de últimos cursos de graos e licenciaturas, así como de máster e estudantes acabados de titular. Nas tres horas do curso, sinala a USC, “coñecerase a utilidade desta ferramenta profesional para a busca de emprego e o establecemento de contactos profesionais, ademais de adquirir e exercitar habilidades para a optimización no seu uso”. O obradoiro desenvolverase dende as 10.00 horas na Aula de Informática 7 da Facultade Ciencias Económicas e Empresariais.
Sobre a rede social
Como lembraremos, LinkedIn é un sitio web orientado principalmente ao ámbito dos negocios. Foi fundado en decembro de 2002 e lanzado en maio de 2003 como rede social de índole profesional. En outubro de 2008, tiña máis de 25 millóns de usuarios rexistrados, estendéndose a 150 industrias. En marzo de 2013 dispuña de máis de 200 millóns de usuarios rexistrados de máis de 200 países, abranguendo todas as empresas da lista da revista Fortune das 500 maiores empresas estadounidenses. O 19 de maio de 2011 converteuse na primeira rede social estadounidense en pór accións na bolsa de valores, cun prezo inicial de US$45. Un dos propósitos deste sitio é habilitar unha plataforma para que os usuarios poidan manter unha listaxe con información de contactos das persoas con quen teñen relación. Os membros poden subir o seu currículo ou deseñar o seu propio perfil co fin de amosar experiencias de traballo e habilidades profesionais. Pódese utilizar para atopar postos de traballo e oportunidades de negocio recomendados por algún outro membro da rede de contactos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?