Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ferrol amosou como sermos fortes no turismo botando man das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ferrol amosou como sermos fortes no turismo botando man das TIC

Redacción
Publicado: 18/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ferrol_foro_videomarketing.jpgO pasado venres (13 de novembro) Ferrol acollía unha nova actividade do foro Ferrol Turismo Marketing, organizado polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña. O obxectivo deste encontro (Videomarketing para a empresa turística) era o de mellorar a formación do sector turístico da cidade. Consistiu, máis en detalle, nun obradoiro de cara a optimizar o posicionamento en liña e a comercialización dos produtos/servizos das empresas a través do uso de tecnoloxías socio-dixitais combinadas con formatos audiovisuais.
Indo á práctica, o obradoiro formativo (que tivo lugar de 9:30 a 13:30 pola mañá e de 15:30 a 19:30 pola tarde, no Hotel Almirante) estaba encamiñado a profesionais e empresarios en activo dos eidos do Turismo e do Comercio amais de a emprendedores ou estudantes do xeodestino Rías Altas-Ferrolterra. O responsable de dirixir a actividade foi Tirso Maldonado, un experto consultor en Mercadotecnia e Tecnoloxías da Información e profesor do máster eTourism para a CETT (Universidade de Turismo de Barcelona) e do máster da Universidade Europea de Madrid. Sinalar que Maldonado é un relator habitual en foros de tecnoloxía e turismo e ten desenvolvido proxectos innovadores para entidades como o Cabildo da Palma, Andalucía Lab ou Andalucía Emprendo. Dende 2012 é o principal responsable da plataforma de formación en liña Witcamp, amais de socio director de Socialtec. Durante a xornada sobre videomarketing seleccionouse unha empresa das participantes para desenvolver os exercicios sobre ese caso real.
Por último, informar que alén do obradoiro do día 13 de novembro e dentro das actividades do foro Ferrol Turismo Marketing, este venres 20 de novembro (de 10 a 14 h e de 17 a 21 h) está prevista a celebración dun segundo encontro formativo que levará por título Lean Startup para negocios e unha terceira sesión para o sábado 21 de novembro titulada Plan de Comunicación emocional (de 10 a 14 h). Os ditos obradoiros estarán impartidos por Roberto Pérez Marijuán e Juan José Romero Crusat, fundadores da consultora estratéxica Suma Importancia, dende a que se colaborou en máis de 20 proxectos emprendedores nos últimos dous anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?