Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Escola Politécnica de Lugo celebrou un concurso de geocaching
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Escola Politécnica de Lugo celebrou un concurso de geocaching

Redacción
Publicado: 19/11/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

usc_geocaching_participantes.jpgÉ ben certo que a rapazada sempre se sentiu atraida polo acto lúdico de atopar un tesouro agochado. Pois os tempos mudan dende moitos puntos de vista, como por exemplo o tecnolóxico… pero o brinquedo en si da busca do tesouro segue a manterse vivo no maxín dos máis novos, desta volta con vantaxes a xeito de trebellos como o GPS (Sistema de Posicionamento Global). Tomando entre as mans este dispositivo deu comezo o primeiro concurso de geocaching para estudantes preuniversitarios. E en que consiste o geocaching? Coñecido tamén co nome de Gymkhana GPS, trátase da actividade de agochar e atopar tesouros en calquera lugar, iso si, coa axuda dun GPS.
E indo a esta primeira edición do concurso de geocaching celebrado na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, cómpre dicir que estamos perante un certame, encamiñado a estudantes preuniversitarios, que contou coa participación de máis de 50 alumnos de cuarto curso de ESO de Bacharelato procedentes de sete centros educativos de Galicia: IES de Ortigueira, IES Carlos Casares,de Viana do Bolo, IES Ánxel Fole de Lugo, IES Río Miño de Rábade, IES Enrique Muruais de A Pontenova, IES A Pinguela de Monforte de Lemos e Centro Educativo Galén de Lugo.
O gañador do concurso de geocaching, organizado pola Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topográfica, resultou ser o equipo do centro educativo Galén, de Lugo, integrado por: Antón Carral, María Durán, Ignacio López, Álvaro Olloqui e Juan José Rodríguez. Ao remate das probas programadas, os gañadores recibiron como agasallo cadanseu dron, ademais dos diplomas acreditativos.
Pola súa banda, o equipo do IES Carlos Casares, de Viana do Bolo, conformado por: Miguel Pérez, Laura Rodríguez, Álvaro Seoane e Irea Rodríguez, rematou en segunda posición e os integrantes recibiron como agasallo cadanseu par de gafas 3D móbil, amais dun diploma de participación.
Antes do desenvolvemento das probas organizadas, o coordinador do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC no campus de Lugo, o profesor da USC Francisco Javier López González, achegou unha recepción aos estudantes no salón de actos da EPS, o mesmo escenario no que, de seguido, o director deste centro universitario lugués, Tomás Cuesta, e o coordinador do título de grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía, Jaime Rodríguez, ofreceron unha presentación desta titulación universitaria ao alumnado preuniversitario (programa de estudos, itinerarios e competencias laborais para as que capacita…).
A profesora da EPS e delegada en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topográfica, María Iniesto, foi a encargada de instruír aos participantes no concurso cunha sesión informativa sobre aspectos e recursos básicos para o manexo do GPS. Ao remate das probas e logo de que os equipos participantes, acharan os geocaches agochados, o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, presidiu a entrega de premios aos gañadores, unha sesión na que tamén participou o presidente en Galicia do Instituto Xeográfico Nacional, Pablo Carballo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?