Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Demostrador TIC Virtual achega ao terceiro sector dúas novas solucións abertas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Demostrador TIC Virtual achega ao terceiro sector dúas novas solucións abertas

Redacción
Publicado: 19/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

odoo.jpgA Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de fornecer ás empresas e entidades do terceiro sector (organizacións e entidades sen arela de lucro con firme alicerce solidario e social) dúas novas ferramentas abertas (open source) no Centro Demostrador TIC Virtual. Unha destas aplicacións é o xestor de recursos empresarial (ERP) Odoo, orientado á xestión dos procesos internos dunha empresa (tarefas como facturación,contabilidade, almacén ou proceso de produción). Tamén está dispoñible o xestor de relacións cos clientes CiviCRM, en palabras de AMTEGA “un recurso orientado a mellorar a comunicación coa masa social e á realización de campañas de captación de fondos en entidades do terceiro sector”.
Segundo engade a Axencia, a través da páxina web do CDTIC pódese solicitar xa un período de proba de calquera destas dúas solucións de software libre.
Odoo, máis en detalle, é un sistema de xestión empresarial libre que salienta, segundo informa AMTEGA, “por ser moi sinxelo pero tamén moi potente e cunha ampla marxe de adaptación ás necesidades de cada quen, grazas á grande cantidade de módulos dispoñibles”. O CDTIC Virtual ofrece dúas configuracións diferentes de proba de Odoo; unha delas orientada a empresas de produción, pensada para para a xestión dos procesos de fabricación; e por outra banda, unha solución orientada a empresas de compravenda que inclúe módulos de TPV e comercio electrónico.
Polo que atinxe a CiviCRM, trátase dun software de xestión de relacións cos clientes orientado ao seu uso por parte de organizacións que traballan no eido social. Está dispoñible en máis de 20 idiomas e fornece unha manchea de funcionalidades, o que tamén achega unha ampla marxe de adaptación aos intereses de cada usuario. “O principal atractivo de CiviCRM”, explica AMTEGA, “é que está pensado especificamente para organizacións do terceiro sector (asociacións, fundacións, ONGD, etc)”. A xestión de contactos, socios e doazóns de forma integral achega oportunidades de melloras para as organizacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?