Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG e Igualdade entregan en Dodro 21 diplomas ás participantes en Rede Emprende
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG e Igualdade entregan en Dodro 21 diplomas ás participantes en Rede Emprende

Redacción
Publicado: 19/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cpeig_dodro.jpgEste martes entregáronse os diplomas de asistencia ás xornadas da Rede Emprende en Igualdade en Dodro (A Coruña). Foron un total de 21 alumnas as participantes. Na cita concorreron o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, Fernando Suárez, e máis a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, que salientou que a Rede Emprende en Igualdade ten como obxectivo “mellorar as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino a través do fomento e coñecemento das competencias e formación tecnolóxica e as redes sociais”. En total, fixo saber que esta edición das xornadas formará a unhas 180 alumnas.
No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín Somoza, e a tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais e Igualdade do concello, Mª Soledad Boga Grela.
Segundo fixeron saber Suárez e Abella, ás mulleres participantes nesta iniciativa (froito da colaboración do CPEIG e a Secretaría Xeral de Igualdade), proporciónaselles formación e asesoramento en cuestións como iniciación a Internet e redes sociais, novas tecnoloxías e emprendemento, procura de emprego, novas tecnoloxías como ferramentas transversais de aforro de tempo, creación de empresas e igualdade de xénero.
No presente ano 2015 púxose en marcha a terceira edición destas accións formativas en novas tecnoloxías. Para o seu desenvolvemento cóntase tamén coa colaboración da AMTEGA coa posta a disposición da súa rede de aulas CeMIT, e dos concellos onde se van a realizar os cursos, son Dodro, Ordes, Ortigueira, Palas de Rei, Vilalba, Avión, Verín, A Guarda, Marín e Vila de Cruces. Os cursos teñen unha duración de 20 horas, cun máximo de 25 alumnas. Veñen da man de profesionais do CPEIG, e celebraranse nas aulas CeMIT existentes nos correspondentes concellos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?