Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense presenta en Madrid as súas iniciativas smart
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense presenta en Madrid as súas iniciativas smart

Redacción
Publicado: 20/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_ourense_provincia_smart_madrid.jpgA Deputación de Ourense está estes días participando en dúas xuntanzas sobre medidas para impulsar cara ao futuro (un futuro smart) as administracións. Trátase, por unha banda, do Foro de Innovación dos Gobernos Locais, que se celebra dende onte en Madrid e ao que asisten o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o vicesecretario xeral da institución, Juan Marquina. Pola outra, o organismo provincial galego participou tamén na Comisión Permanente da Fundación Democracia e Goberno Local, que tivo lugar onte en Barcelona, coa presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández.
Sobre as actividades de hoxe, sinalar que ao mediodía o presidente da Deputación presenta no dito Foro (que se celebra no Instituto Nacional de Administración Pública) o seu modelo de xestión para a provincia, baseado nos plans de estratexia operativa Ourense 92 e Plan 15-19 que o Goberno provincial desenvolve no ámbito da innovación e da xestión pública. Segundo informa a institución ourensá, a estratexia de posicionamento da Marca Ourense, a promoción das singularidades da provincia ou a aposta por un modelo de xestión pública baseado en iniciativas innovadoras e de participación cidadá son algúns dos eixes da intervención que de Baltar na xornada de hoxe.
Polo que respecta ás actividades de onte no mesmo Foro, Juan Marquina desenvolveu o relatorio Provincia Intelixente, abordando os detalles “da relación directa entre os cidadáns e a Administración Provincial”. Marquina lembrou que o dito epígrafe é dun dos aspectos principais do Plan Ourense 15-19, que recolle 77 accións a executar en 48 meses para facer da provincia “un referente nacional e internacional”. Asemade explicou que o concepto de Provincia Intelixente fai relación ao diálogo coa cidadanía e á creación de “interfaces válidas e dinámicas entre o público e o privado e un equilibrio entre a política e a tecnoloxía”. Engadiu que dende Ourense “cremos que o concepto de Smart City non debe estar ligado só á grandes cidades ou grandes infraestruturas, por iso deseñouse o concepto de Provincia Intelixente como a suma de 92 pequenos proxectos smart“.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?