Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ESEI de Ourense amósase ao detalle en Google Street View
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ESEI de Ourense amósase ao detalle en Google Street View

Redacción
Publicado: 20/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_google_streew_view.jpgA Escola Superior de Enxeñaría Informática (Campus de Ourense) vén de abrir as súas instalacións a Google Street View e as súas novas posibilidades (o servizo non se limita xa a achegar percorridos virtuais polo exterior dos edificios senón que tamén fornece a opción de percorrermos o interior de empresas e entidades). Segundo informa a dirección do centro, o ourensán Fernando Sacó, fotógrafo certificado polo servizo do buscador en liña, foi a persoa encargada de realizar as fotografías panorámicas (arredor de 60) da Escola. A orixe da iniciativa abéirase ao plan de mellora do centro e dos seus sistemas de calidade (cumpría ofrecer máis información e información máis accesible sobre os recursos da Escola).
Grazas a este traballo e unha vez publicadas as fotografías de alta calidade, as persoas interesadas xa poden percorrer de xeito virtual e cunha panorámica de 360 graos a entrada do edificio, o salón de graos, o salón de actos, a sala de lectura, a aula magna, laboratorios, seminarios e aulas de docencia. Segundo explican desde a ESEI, a posta en marcha deste servizo de Google Bussiness View permitirá aos potenciais ou futuros alumnos e alumnas do centro e ás persoas que se teñan que achegar a el por temas de investigación, docencia ou outras actividade coñecer de xeito doado, detallado e atractivo as características físicas da Escola e as súas instalacións antes de visitalas en persoa. “É unha acción”, apuntan, “que permite non só ofrecer información e xerar confianza senón tamén publicitar o centro e dalo a coñecer dun xeito acorde á súa aposta polas novas tecnoloxías e a innovación, como corresponde a unha Escola Superior de Enxeñaría Informática”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?