A xuntanza gastronómica que os últimos venres de cada mes congrega a numerosos albaneis da nube ao redor da mesa para intercambiar coñecementos e experiencias, a LaconNetwork, evitando coincidir co Black Friday e axustándose ao complicado calendario provocado pola proximidade do Nadal, adíase unha semana, de xeito que celebrarase o 4 de decembro ás 14:30 horas na Quinta de San Amaro en Meaño (Pontevedra).
Este encontro de profesionais e emprendedores do sector TIC galego precisa da inscrición dos seus participantes, que deberán aboar 16 euros para sufragar o xantar que estará composto de empanada follada, tosta de pata de centola, torta de pescada con confeito de tomate, ovos a baixas temperatura con crema de San Simón, táboa de queixos e moito máis.
A vindeira LaconNetwork celebrarase o 4 de decembro en Meaño
Compartir Este Artigo
