Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: BBVA lanza un cumprido feixe de servizos dixitais para os clientes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

BBVA lanza un cumprido feixe de servizos dixitais para os clientes

Redacción
Publicado: 20/11/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

bbva_mobiles.jpgA entidade financeira BBVA anunciou o lanzamento da campaña A Revolución das Pequenas Cousas, unha iniciativa que aglutina funcionalidades innovadoras dirixidas mellorar a experiencia multicanle dos clientes”. Entre as funcionalidades que xunta a campaña hai servizos como a sinatura a distancia, o pago co móbil ou a chamada identificada a través da aplicación móbil de BBVA (ferramenta que, por certo, xa superou os 4,2 millóns de descargas). Con esta campaña, sinala a banca, “presentamos aos usuarios recursos que xa teñen dispoñibles e que farán máis áxiles e sinxelas as operacións financeiras, cambiando ademais conceptos tradicionais da banca”.
Por exemplo, a nivel de xestión, o cliente que o desexe poderá solicitar a alta no servizo de balde BBVA Contigo a través da web da entidade ou da súa aplicación. “Unha vez asignado un xestor persoal, o cliente pode facer as xestións a través do correo electrónico ou chamando directamente desde a app”, explican fontes da entidade, que salientan tamén as novidades postas en xogo no eido dos pagos, ao abeiro do cal calquera usuario de servizos de BBVA poderá ter todos os seus cartos en BBVA Wallet e pagar directamente co seu dispositivo. Asemade, no ámbito das sinaturas, céibase ao usuario de ter que desprazarse á oficina para asinar os seus contratos (“poderá facelo de maneira segura e en calquera lugar a través da firma a distancia, mesmo produtos con máis dun titular”, explica a compañía).
Polo que atinxe ás tarxetas, achégase máis control ao titular sobre as mesmas. Así, o titular poderá decidir cando quere apagar ou acender os cartóns, a través da app BBVA Wallet. Mesmo estará en disposición de determinar que tipo de pagos permite co seu cartón (por exemplo poderá bloquealo para pagos por Internet, pero telo activado para pagar nun comercio). Estas novidades, que se presentan na nova campaña, compleméntanse cos seguintes servizos: o pago de recibos non domiciliados no móbil, a posibilidade de marcar produtos financeiros cun só clic na aplicación ou unha ferramenta específica do BBVA de Apple Watch (coa que poderemos consultar a nosa posición global, o saldo agregado das nosas contas e o detalle dos produtos contratados, entre outras funcionalidades), etc.
Resumo do acadado
A entidade financeira tamén destacou, facendo reconto do acado polas súas innovacións TIC, que a aplicación de seu superou amplamente os 4,2 millóns de descargas e BBVA Wallet, a aplicación de xestión de cartóns, as 850.000 só en España. O servizo de xestión BBVA Contigo conta con máis de 600.000 clientes no eido estatal. Durante este ano 2015, Grupo BBVA continuou ampliando a base de clientes que se relacionan co banco a través de canles dixitais. A peche de setembro, contaba con 14 millóns deste tipo de clientes, un 21% máis que no mesmo mes do ano pasado. “A este ritmo”, explicaron fontes da entidade financeira, “prevemos cumprir os obxectivos de acadar 15 millóns de clientes dixitais ao remate do ano, dos que oito millóns serían de banca móbil”. Ademais, en setembro un 23,7% dos novos créditos ao consumo contratáronse por canles dixitais, un 14,4% máis que en xaneiro de leste mesmo ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?