Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O SERGAS adxudica a Coremain a totalidade do Servizo de Información Hospitalaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O SERGAS adxudica a Coremain a totalidade do Servizo de Información Hospitalaria

Redacción
Publicado: 20/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coremain_santiago.jpgA empresa galega Coremain, con sede principal no Polígono de Costa Vella de Santiago, vén de informar da renovación do seu acordo co Servizo Galego de Saúde (SERGAS), un acordo que se ten materializado estes anos no mantemento de Sistema de Información Hospitalaria de Galicia (SIHGA), entre outras tarefas de provisión. Precisamente o SIHGA volve ser protagonista da actualización do contrato, no que se establece que Coremain seguirá sendo responsable do seu mantemento. A través do acordo, asinado recentemente polo SERGAS (a través da súa Dirección de Recursos Económicos) e a firma de Compostela, confíase a Coremain os tres lotes da adxudicación, por un importe de 1,3 millóns de euros e un prazo de execución dun ano con posibilidade de prórroga.
Fontes da firma de Santiago salientan a traxectoria de Coremain (dúas décadas) participando e colaborando activamente co sector da saúde, sobre todo en Galicia, “contribuíndo de maneira continuada ao proceso de modernización tecnolóxica da sanidade”. Esta experiencia, sinalan os responsables da empresa, “xerou un amplo coñecemento dos sistemas involucrados, as actividades e as necesidades do servizo”.
Respecto das liñas de traballo estipuladas no acordo, sinalar que as aplicacións e proxectos obxecto do contrato sitúanse tanto na área de xestión coma no ámbito clínico, abranguéndose por unha banda (xestión) os servizos de xestión de incidencias, de xestión de problemas e de xestión da entrega de todas as aplicacións da área clínica e da área de xestión do Servizo de Xestión de Proxectos de Sistemas de Información; e pola outra (ámbito clínico) a xestión de proxectos das áreas de clínica e xestión así como a análise e o desenvolvemento evolutivo e correctivo dos sistemas de información hospitalarios de Galicia.
Nun plano máis detallado a Área de Xestión inclúe tarefas e como a xestión de persoal e nóminas, de quendas, de compras e subministracións, o catálogo de produtos do SERGAS, a xestión de contabilidade, o rexistro de profesionais ou os procesos DataStage. A Área Clínica abrangue urxencias, admisión de hospitalización, consultas externas, listaxe de espera, actividade cirúrxica, arquivo de historias clínicas, codificación, hospital de día, cita web, coidados de enfermaría, rehabilitación, etc….

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?