Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ourense amosou como debe ser un destino turístico smart
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ourense amosou como debe ser un destino turístico smart

Redacción
Publicado: 23/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_guevara_smart_turismo.jpgO pasado venres celebrouse na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense unha conferencia sobre as novas formas que está adoptar o sector turístico ao abeiro do espallamento das novas ferramentas tecnolóxico-sociais. A sesión veu da man do decano da Facultade de Turismo da Universidade de Málaga, Antono Jesús Guevara, que amosou en detalle estes novos modelos de xestión “nos que as novas tecnoloxías da información mudan nunha ferramenta fundamental”.
Presentado por José Antonio Fraiz, director do Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde, Guevara Plaza explicou aos asistentes á conferencia “a arquitectura e os procedementos que desde un punto de vista tecnolóxicos debe ter un sistema de xestión de destino intelixente, xa sexa dunha cidade ou dunha zona”. Estes sistemas, dixo, “deben integrar un sistema territorial e turístico integrado, poñendo en comunicación a todas as empresas, produtos e actividades e a todos os potenciais turistas con esta oferta”. E engadiu: “A cuestión fundamental é que estamos ante un cambio de modelo na comercialización turística a través de Internet”, apuntou.
Sobre como deben ser estas propostas turísticas smart, Guevara subliñou que unha web desta índole constitúe un escaparate para un destino ou unha empresa turística “pero ten que ter detrás de si un sistema de xestión que integre toda a información e servizos dun xeito intercomunicado, non estanco”. Como exemplo do desenvolvemento, implantanción e éxito deste tipo de xestión, o docente expuxo aos asistentes o caso de Qualifica, un proxecto desenvolvido na zona da Costa do Sol no que participan o Goberno central, o andaluz e os concellos da zona e que permite a calquera usuario planificar e xestionar todos os detalles da súa viaxe por ese enclave.
A longo da súa estadía no Campus o profesor tivo tempo para dar conta dos estudos turísticos que se imparten na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, especialmente para o Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde do que, salientou, “é un referente estatal” en turismo de interior e de saúde, destacando a súa participación na Rede Intur.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?